//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de resolver a convocatoria do Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018, co que se recoñece e visibiliza a calidade dos traballos que desenvolveron 10 centros educativos de Galicia ao abeiro do Plan Proxecta. O Plan Proxecta -que o curso pasado chegou a 515 centros sostidos con fondos públicos e preto de 123.000 alumnas e alumnos crea un marco xeral de cooperación grazas ao esforzo doutras consellerías.
O cura de Momán, Luís Ángel Rodríguez Patiño, enviou este martes un escrito ao Obispado de Mondoñedo e ao Arcebispado de Santiago esixindo que non se permita que os restos de Francisco Franco sexan enterrados nunha igrexa. Rodríguez Patiño, coñecido polas súas posturas contrarias á xerarquía eclesiástica en temas como o aborto ou a homosexualidade, responde así ao arcebispo de Madrid, Carlos Osoro, que hai uns días dixo que fará "todo o que lle pida" a familia de Franco, que pretende que os restos do ditador descansen na cripta da catedral da Almudena.
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 iniciou esta noite a súa actividade desde o Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE) na Estrada con total normalidade. Ás 23:30 horas da pasada noite comezou a funcionar a central de coordinación situada no CIAE ao tempo que continuaba activa a central de coordinación de San Marcos en Santiago. Progresivamente, a central da coordinación do 061 no CIAE foi incrementando a súa actividade ata as 02:00 horas, en que as urxencias e emerxencias sanitarias da Comunidade pasáronse a atender unicamente desde a central de coordinación na Estrada.
A Xunta de Galicia está a impulsar un proxecto europeo de voluntariado ambiental que se desenvolve en espazos naturais protexidos da Comunidade. Trátase da iniciativa Vida Permanente con Voluntarios Life Evergreen with Volunteer (LEWO), aprobado ao abeiro do programa LIFE 2016 da Comisión Europea. O obxectivo de LEWO é potenciar o patrimonio natural de Galicia a través dun grupo de xuventude voluntaria formado por 300 mozos e mozas galegos entre os 18 e os 30 anos de idade inscritos no Corpo Europeo de Solidariedade.
A Cidade da Cultura de Galicia convértese este outono no lugar de encontro para músicos e educadores de toda Europa, ao acoller do 17 ao 19 de outubro, a YAMsession 2018. Trátase dun evento para coñecer o panorama da produción musical para público infantil e xuvenil e as novas correntes que se están a desenvolver a nivel europeo, así como para xerar oportunidades de colaboración entre programadores, produtores, artistas e profesores de música nacionais e internacionais.
Seis concertos de recoñecidos artistas nacionais e internacionais completarán este outono a programación de O Son do Camiño 2018, o festival co que Galicia promove a celebración do Xacobeo 2021. Despois de que o festival tivera lugar en Santiago de Compostela, as novas citas musicais ampliarán o seu alcance ao resto de cidades da Comunidade, situadas en diversos itinerarios xacobeos. As seis citas terán lugar ao longo dos meses de outubro e novembro, cunha proposta que dá continuidade ao festival, celebrado con gran éxito, pois ao longo de tres xornadas congregou a 84.000 asistentes de 12 países no revitalizado Parque Monte do Gozo.
A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o sábado 24 de novembro a primeira edición de Contornos e contornas. Unha visión transdisciplinar sobre a arquitectura, na que profesionais da arquitectura, psicoloxía e pedagoxía procurarán crear un clima de reflexión e de propostas en común sobre as melloras a aplicar nos recintos educativos para mellorar a habitabilidade, benestar e o clima de aprendizaxe, tirando proveito dos respectivos coñecementos destas disciplinas.
A Cidade da Cultura de Galicia festexará a tarde do sábado 27 de outubro o seu xa consolidado Magosto no Gaiás. Para celebrar esta cita cultural e gastronómica con tanto arraigo na cultura popular galega, non só se contará coas imprescindibles castañas asadas ou como ingrediente principal en petiscos senón que se adobiará a festa cos ritmos enxebres e enérxicos de Xosé Lois Romero & Aliboria, tanto no concerto co que se lle porán música a esta cita tradicional do outono, como no obradoiro de percusión con tarrañolas, que impartirá o mesmo músico antes da súa actuación no escenario do Museo Centro Gaiás.
O recinto de Expourense acollerá os días 28 e 29 do vindeiro mes de novembro a celebración do XX Congreso Estatal de Voluntariado. Galicia organiza esta vixésima edición do simposio nacional de voluntariado tomando a testemuña de Sevilla como sede e baixo a lenda Enlázate ao voluntariado. Desde hoxe está aberto o prazo de inscrición daquelas persoas e entidades interesadas en asistir ao congreso, tanto para os mostradores como para a asistencia en grupo. Deben anotarse na páxina web do evento e teñen como data límite para facelo o 15 de novembro ou ata completar aforo.
Galicia será a Comunidade convidada na 35 edición da Feira de Artesanía da Rexión de Murcia, Feramur, que se celebra en Lorca entre o 27 e o 30 de setembro. Artesanía de Galicia participa cun stand institucional con pezas de 49 obradoiros artesáns e con 8 expositores presenciais. Entre estes está o gañador do Premio Artesanía de Galicia 2017, o obradoiro de xoiaría Ferraxe de Prata (Teo). Ademais, poderase ver o traballo da Asociación de Redeiras Artesás de Corme (Ponteceso), Soledad Mato (Santiago de Compostela), Comocuando (Vigo), Mar Barral (Catoira), Chueco (A Coruña), Crisol de Abril (Fene) e A Candelaria (Negreira).
A Xunta aproba a Estratexia de Discapacidade 2015-2020, que consigna 800 M para afondar na atención social, laboral e sanitaria das persoas con discapacidade. O documento busca incidir sobre seis eixos: a accesibilidade, a autonomía persoal, a educación en igualdade, a empregabilidade, a asistencia sanitaria e os servizos sociais públicos.
David Otero, escritor, mestre e militante cultural será nomeado Chairego de Honra o sábado, 7 de novembro, en Vilalba, pola Asociación Xermolos e
a Irmandade Manuel María.
Os clientes decidirán que petiscos son os seus preferidos, votando cos pousavaos nas urnas situadas nos establecementos participantes e, a través da interacción nas redes sociais Twitter e Facebook, os internautas poderán optar a ser parte do xurado do concurso. O Santiago(é)Tapas vivirá unha presentación moi especial no vagón comedor do Alvia e "Tapas de Cine" conecta con Cineuropa.
O rexedor compostelán explicou que o Concello procurará espazos de colaboración que teñan que ver coa dimensión turística e cultural da Semana Santa. Nese sentido, Martiño Noriega anunciou que se manterán novos encontros para perfilar, ou mesmo ampliar, esa posible cooperación.
Campos Conde mantivo o seu primeiro encontro con Juan Manuel Viaño Rey e Javier Bueno Lema, no que acordaron continuar co Plan de Choque en impulso do Campus de Lugo o vindeiro ano con 350.000 euros da Deputación. Ambas as dúas institucións estudan intensificar as súas vías de cooperación para o vindeiro ano 2016.
Os dereitos humanos centran a exposición "Arte e solidariedade" do polifacético artista Siro López que o xoves 5 de novembro se inaugura ás 12.00 horas no Colexio de Fonseca organizada por Manos Unidas coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A Agrupación Europea GNP-AECT, en colaboración con ATP- Associação Têxtil e Vestuário de Portugal e COINTEGA Clúster Gallego Textil Moda, puxo en marcha un Centro Demostrador do textil na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que foi presentado en Vigo, na sede de COINTEGA (Clúster galego textil moda).
Apunta que ata setembro de 2015, o último do que se contabilizaron os datos, visitaron Galicia máis de 3,3 millóns de viaxeiros. Un 12,3% máis que o mesmo período do ano pasado; un 9,6% máis que o último Ano Xacobeo; e o maior incremento rexistrado por unha Comunidade en toda España.
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade confirma que o resultado da segunda analítica feita ao paciente con sospeita de estar infectado polo virus do Ébola é negativo e desactiva o protocolo especial de actuación no hospital de refrencia para el tratamiento del virus en Galicia, o Meixoseiro de Vigo.
Segundo destacou o conselleiro, as contas públicas do vindeiro ano reservan 1 de cada 4 euros para Educación e Cultura, o que dá conta do compromiso do Goberno galego con estas áreas. Isto permite contar cuns orzamentos que medran por primeira vez desde 2009.