
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará no 2016 unha oferta de emprego público (OPE) de máis de 1000 prazas para ensino Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional, co fin de mellorar a estabilidade do corpo docente, que xa conta neste momento en Galicia coa taxa de interinidade máis baixa de todo o Estado. Asà o explicou no Parlamento autonómico o titular do departamento, Román RodrÃguez, nunha comparecencia na que debullou os orzamentos da ConsellerÃa para o vindeiro ano 2016.
Segundo destacou o conselleiro, as contas públicas do vindeiro ano reservan 1 de cada 4 euros para Educación e Cultura, o que dá conta do compromiso do Goberno galego con estas áreas. Isto permite contar cuns orzamentos que medran por primeira vez desde 2009, o que fai posible a maior convocatoria de prazas de profesorado desde o inicio da crise económica.
En total serán 2.250,8 millóns de euros – un 4,76% máis ca no 2015-, que se centrarán na blindaxe do sistema educativo sostido con fondos públicos desde os criterios da universalidade, a suficiencia financieira e a equidade; ao tempo que se facilita o acceso cidadán aos recursos culturais, se vela pola conservación do patrimonio e se impulsa – dentro e fóra das nosas fronteiras- tanto a nosa lingua propia como as industrias culturais do paÃs.
No referido á OPE, e aÃnda pendente de concretar o número exacto de prazas ata que se coñeza a cifra de xubilacións, está previsto que haxa oposicións para mestres – nas especialidades de Educación infantil, inglés, francés, Educación fÃsica, Música, Educación Primaria, PedagoxÃa terapéutica e de Audición e linguaxe-; e para profesores de ensino medio e FP – nas de Lingua Castelá e Literatura, XeografÃa e Historia, Matemáticas, FÃsica e QuÃmica, BioloxÃa e XeoloxÃa, Inglés, Educación fÃsica, Orientación educativa, Formación e Orientación Laboral, HostalarÃa e Turismo, Informática, Intervención sociocomunitaria, Cociña e pastelerÃa, Instalacións electrotécnicas, Mantemento de vehÃculos, Mecanizado e mantemento de máquinas, Servizos á Comunidade, e finalmente Sistemas e aplicacións informáticas.
Esta medida, segundo indicou Román RodrÃguez, é posible grazas ao incremento da taxa de reposición ata o 100%, tal e como solicitara a ConsellerÃa en numerosas ocasións ao Goberno central.
De forma paralela, o capÃtulo I dos Orzamentos da ConsellerÃa, o dedicado aos gastos de persoal, increméntase nun 4,7% como consecuencia de dúas medidas, por unha parte o incremento do 1% das retribución e, por outra, a devolución da paga extra do ano 2012. Asà mesmo, no marco desta medra, destinaranse máis de 9 millóns de euros a desdobramentos na ESO para a implantación da LOMCE e comezarase de forma paulatina a contratación de persoal auxiliar administrativo para os centros de educación infantil e primaria de máis de 400 alumnas e alumnos que libere de cargas administrativa aos equipos directivos.
Xa no capÃtulo IV, o conselleiro aclarou que se incrementan lixeiramente as partidas destinadas ao ensino concertado, debido ao incremento do 1% no módulo retributivo ao igual que para os docente públicos e pola devolución da contÃa que fora minorada no 2012 en proporción semellante ao descenso da paga extra na Administración. En calquera caso, Román RodrÃguez lembrou que o seu departamento destina o 11,1% do seu orzamento ao ensino concertado, que atende a máis do 27% do alumnado galego.
O titular do departamento educativo da Xunta quixo salientar o incremento de case o 30% nos investimentos da ConsellerÃa ao abeiro dos fondos FEDER, o que permitirá dispoñer de 21,4 millóns de euros para infraestruturas educativas, nomeadamente para o inicio no novo centro Sagrado Corazón en Lugo, os novos CEIPs de Culleredo e de Mesoiro (A Coruña) e as ampliacións do CPI Conde de Fenosa (Ares) e dos CEIPs As Mercedes (Lugo) e Alfonso D. RodrÃguez Castelao (Vigo). Na etapa de secundaria os principais investimentos previstos son a continuación das fases II e III da renovación do CIFP As Mercedes en Lugo, a construción do novo IES de Soutomaior, e as ampliacións dos IES de Teis (Vigo), Asorey (Cambados), MarÃa Sarmiento (Viveiro) asà como as obras de acondicionamento no IES MarÃa Soliño (Cangas).
Ademais, por primeira vez nuns orzamentos galegos figura unha partida especÃfica de case 3,3 millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética dos centros de ensino, o que permitirá actuar sobre as envolventes dos edificios, as cubertas, carpinterÃas e sistemas de calefacción. A maiores disto, haberá unha dotación de 1,7 millóns para a ampliación das instalacións dos centros para acoller novos ciclos de FP.
Pola súa parte o capÃtulo II, de gastos correntes, dará cobertura a un incremento do 4,4% - ata acadar os 58,6 millóns- para os gastos de funcionamento dos centros educativos, o que permitirá tamén atender programas de mellora e implantación da FP Básica no seu segundo ano de funcionamento.
Asà mesmo, queda blindado o servizo de transporte escolar, o máis amplo de todo o Estado; e o de comedor, que volve a repetir a cifra de 28,8 millóns de euros. Cómpre sinalar que os comedores tamén absorben máis de 15,7 millóns destinados aos gastos de persoal que atende os comedores de xestión directa.
Tamén como apoios complementarios, resérvase unha partida de 11,2 millóns de euros para axudas á adquisición dos libros de texto e outra de 3 millóns para consolidar os novos vales para a compra de material escolar, unha medida posta en marcha este curso, segundo un modelo progresivo de apoio ás familias en función da renda económica.
Co fin de avanzar cara ao obxectivo da excelencia educativa, a ConsellerÃa contará cun 50% máis de orzamento para formación do profesorado, un 14,2% máis para innovación educativa, un 21% máis para a acreditación de competencias profesionais, o dobre para proxectos de mellora da calidade, e un máis 15% para os proxectos de I+D en FP, ademais de incrementarse a partida para a FP Dual.
Neste sentido, incrementaranse tamén nun 13% os investimentos asociados a éxito escolar e prevención do abandono e mantense unha partida de máis de 900.000 euros para bibliotecas e material dixital cos que garantir o funcionamento do Plan LIA (Lectura, Información, Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares.
No que atinxe ao Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que permite o acceso a un ensino plurilingüe nos centros sostidos con fondos públicos a través de seccións bilingües, centros plurilingües e auxiliares, entre outras accións ás que se destinan máis de 2,5 millóns de euros.
Cómpre salientar, ademais, que o programa destinado á Educación Especial experimenta un incremento do 4,9%, con incrementos que sobrepasan o 1% retributivo co fin de contratar a máis profesionais, e acumulando un 14,7% de incremento nos gastos de funcionamento.
Na súa comparecencia Román RodrÃguez fixo fincapé na polÃtica que a Xunta desenvolve para o fomento da lingua galega. Desta forma, manteranse as partidas destinadas ás actividades de dinamización lingüÃstica, asà como os apoios aos medios en lingua galega e empresas editoriais da nosa Comunidade, as bolsas do Centro Ramón Piñeiro e o financiamento á Real Academia.
Entre as novidades máis importantes neste eido o conselleiro salientou a posta en marcha do Portal XurÃdico Galego, unha medida sen precedentes en España que vai permitir o libre acceso de toda a cidadanÃa a normas consolidadas para o uso da lingua propia da Comunidade na Administración e na Xustiza. Asà mesmo, comezarán a funcionar ferramentas terminolóxicas que facilitarán o emprego do galego nas TIC. Asà mesmo, continuarase o labor de promoción do galego no exterior a través das bolsas de lectorado nas universidades do resto do Estado e do estranxeiro, asà como a través de convenios con entidades como o Instituto Cervantes.
Espazo destacado na polÃtica lingüÃstica ocupa, finalmente, o Plan de Dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020, “que permitirá importantes avances do noso idioma nun ámbito que historicamente lle foi negado, e de transcendental importancia na sociedade actual”.
No referido aos investimentos en materia cultural, cómpre sinalar o incremento do 61% nos dirixidos á conservación do patrimonio, con partidas reservadas para o mantemento do cuartel de San Fernando, a restauración da Catedral de Mondoñedo, actuacións de posta en valor do mosteiro de Sobrado dos Monxes, restauración e mantemento da Muralla de Lugo, acondicionamento da Ponte Vella de Ourense e conservación do mosteiro de Oseira, entre outras.
Asà mesmo, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural manterá as bolsas para a conservación do patrimonio, as achegas correntes ao Museo do Pobo Galego e as axudas a institucións e entidades sen ánimo de lucro; ao tempo que incrementará a contÃa destinada á Fundación Mar de Galicia.
De forma paralela, mantense o apoio ao Museo do Pobo Galego, ao Consorcio de Santiago, ao MARCO de Vigo, ao Centro Ramón Piñeiro e á Fundación Cela. No referido á Fundación Cidade da Cultura, a contÃa transferida ascenderá a pouco máis de 9 millóns, dos que 5,4 se destinan aos gastos correntes – incluÃdos os de servizos e consumos do Centro de Proceso de Datos da Xunta- e o restante vai dirixido á continuación das obras de urbanización e humanización, asà como ao Bosque de Galicia, xardÃn literario e adecuacións de áreas de lecer.
Asà mesmo, merecen ser destacados os investimentos en materia de museos, que se incrementan en máis de 700.000 euros, e os preto de 1,7 millóns de euros destinados a axudas aos concellos para acometer obras e equipamentos nos seus edificios e instalacións e para actividades culturais. Existe, asemade, unha importante aposta polas actividades de animación á lectura e polas feiras internacionais lo libro, coincidindo coa condición de Santiago de Compostela de cidade convidada na vindeira edición da feira do libro de Bos Aires, incrementándose, no seu conxunto, o crédito destas dúas partidas nun 83%.
De forma paralela, mantense o crédito destinado ás axudas á edición, concretamente para tradución, asà como as axudas a concellos para os investimentos en materia de arquivos e fondos bibliográficos.
Por último Román RodrÃguez quixo chamar a atención sobre o esforzo orzamentario que a Xunta de Galicia fai para o impulso das nosas industrias culturais, e que se eleva a 10,3 millóns de euros para a Agadic. Con esta contÃa, poderase incrementar en ata 10 concellos o número de participantes en ‘Cinemas de GaliciaÂ’ e reeditaranse iniciativas de éxito como ‘Cultura no CamiñoÂ’, ‘Cine en cursoÂ’ ou ‘Galicia ProfilmeÂ’.
No ámbito da internacionalización darase continuidade á presenza galega nas misións empresariais e principais feiras do sector; mentres que xa en Galicia se convocarán de novo axudas ao talento e subvencións para a cadea de materialización de proxectos, desde o desenvolvemento ata a produción. No referido á distribución interior, repetirase o apoio da ConsellerÃa a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, da Rede Galega de Música ao Vivo e da Rede Galega de Salas, asà como das axudas a festivais.
Ademais, o conselleiro comprometeuse coa continuación do imprescindible labor do Centro Dramático Galego (CDG) e do Centro Coreográfico Galego (CCG); ambos os dous sÃmbolos do talento cultural do paÃs.
A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodÃa a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co DÃa do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o DÃa da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do DÃa das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co DÃa das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.