Noticias

Galicia acollerá os días 28 e 29 do vindeiro mes de novembro a celebración do XX congreso estatal de voluntariado

O recinto de Expourense acollerá os días 28 e 29 do vindeiro mes de novembro a celebración do XX Congreso Estatal de Voluntariado. Galicia organiza esta vixésima edición do simposio nacional de voluntariado tomando a testemuña de Sevilla como sede e baixo a lenda Enlázate ao voluntariado. Desde hoxe está aberto o prazo de inscrición daquelas persoas e entidades interesadas en asistir ao congreso, tanto para os mostradores como para a asistencia en grupo. Deben anotarse na páxina web do evento e teñen como data límite para facelo o 15 de novembro ou ata completar aforo.

Os temas claves que se abordarán son: participación, cidadanía activa e valores de solidariedade; novas modalidades de voluntariado; áreas de actuación; protagonismo de persoas voluntarias e das entidades de acción voluntaria; afianzamento do voluntariado social; papel das empresas na responsabilidade social empresarial; voluntariado internacional e importancia da certificación das experiencias voluntarias, da súa inclusión no currículo e do seu recoñecemento empresarial como elemento favorecedor da inclusión laboral.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presentou hoxe este evento ao que se prevé que poidan asistir cerca dun milleiro de persoas e que permitirá o intercambio de experiencias e boas prácticas, coa finalidade de fomentar o voluntariado e mellorar a visibilidade das actividades solidarias que este realiza.

Na súa intervención, Cecilia Vázquez indicou que este foro congregará a todos os actores relacionados co ámbito da solidariedade: organizacións non gobernamentais (ONG’s), administracións públicas, empresariado, medios de comunicación. De tal xeito que constituirá un “importante espazo de reflexión en torno aos problemas de afectan e preocupan a acción voluntaria e as entidades sociais de todo o estado”, apuntou.

Ao respecto, a responsable do departamento autonómico de Xuventude explicou que entre os obxectivos do congreso está o de “debater sobre o futuro do voluntariado, poñendo o énfase na súa valía como elemento dinamizador das accións altruístas como un dos activos máis importantes para avanzar cara unha sociedade mellor”. Así mesmo, salientou a importancia do voluntariado como “un elemento de recoñecemento e de proxección para unha futura empregabilidade das persoas máis novas”.

Ademais, Cecilia Vázquez manifestou que este foro anual de carácter estatal será unha oportunidade para poñer en valor o voluntariado en Galicia. Neste sentido, sinalou que Galicia é a Comunidade Autónoma máis comprometida e con maior índice de participación en materia solidaria, tal e como se desprende do último informe elaborado polo Observatorio da Plataforma do Voluntariado sobre a acción voluntaria en España en 2016. Un documento que corroboran os datos que figuran no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, con 970 entidades inscritas nas que participan un total de 41.317 persoas voluntarias que día a día aportan o seu tempo e dedicación á mellora da sociedade.

R., 2018-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES