//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O Plan galego, posto en marcha hai dous anos, posibilitou que se beneficiaran da súa implantación máis de 5.000 pacientes. O número de interconsultas realizadas polos médicos responsables dos pacientes á Central de Atención ao Ictus foi de 1.426, o que supón unha media de 59 interconsultas por mes. Os hospitais que máis recorren á central son os comarcais, o que é unha mostra da eficacia desta central, xa que as persoas que máis se benefician son os pacientes que viven nás áreas máis afastadas, garantindo o acceso desta poboación ao mellor recurso asistencial posible.
Será un modelo máis coordinado e innovador, que integrará todos os programas específicos que se veñen desenvolvendo nos últimos anos, e cuxa implantación será progresiva. Comezando por aquelas enfermidades máis prevalentes e polos pacientes afectados por varias condicións crónicas, concretamente os 21.000 pacientes galegos inmobilizados que están en situación de vulnerabilidade. Ademáis, elaborarase un Plan individualizado de acción Integral (PIAI) consensuado co paciente e/ou as persoas encargadas do seu coidado.
Detectáronse 8.000 tumores, dos que o 92% tiñan un estadio tumoral baixo. A mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que participan nos cribados descendeu en máis dun 20% respecto do previsto sen cribado
O conselleiro de Sanidade e o presidente da Fegamp asinaron o convenio de colaboración no que participa tamén Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. No marco deste acordo, atendéronse o pasado ano 7.634 persoas nas 13 unidades asistenciais de drogodependencias xestionadas polos concellos
A Xunta analizará a situación das persoas sen fogar en Galicia co obxectivo de elaborar un plan de atención específico. A cifra de galegas e galegos que sofren carencia material severa reduciuse nun 40% e supón xa menos da metade da media nacional
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou na Cidade da Cultura nas Xornadas Mulleres de Seu O futuro de todas, con motivo do Día da Muller Rural, que este ano cumpríu o seu décimo aniversario para -indicou- festexar este día é visibilizar a importancia das achega económicas, sociais e culturais que desenvolven as mulleres en áreas rurais de todo o mundo.
O custe estimado da extinción do incendio rexistrado o pasado domingo en Mondariz (parroquias de Sabaxáns e Gargamala), e que puxo en perigo os núcleos de Barro e Barral, superou os 100.000 euros. Para extinguir este lume foi preciso mobilizar un total de 363 persoas, entre efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais e persoal de emerxencias (axentes da Policía Autonómica, bombeiros comarcais, voluntarios de Protección Civil, etc.). No primeiro día de actuación os helicópteros mobilizados realizaron ata 88 descargas en tan só hora e media, o que supuxo un volume de máis de 111.000 litros de auga.
A finalidade deste observatorio será promover a igualdade real e efectiva entre as persoas LGTBI, identificar as barreiras que aínda atopan e previr e loitar contra episodios de intolerancia. A composición do Observatorio galego contra a discriminación será a seguinte: a presidencia recaerá na persoa titular do órgano superior da Xunta en materia de igualdade; a vicepresidencia, nunha persoa representante do colectivo LGTBI; e a secretaría, nunha funcionaria ou funcionario que preste servizos na área da Xunta encargada de Igualdade.
A RAGC dedícalle este 2018 o Día da Ciencia en Galicia ao matemático, xeógrafo e político Domingo Fontán, coñecido fundamentalmente por ser o autor dun traballo sen precedentes en España, un fito na historia da cartografía peninsular que se converteu en símbolo para Galicia: a súa célebre Carta xeométrica. Trátase do primeiro mapa científico e moderno realizado na península Ibérica, por elaborarse mediante traballo de campo e medicións xeodésicas. O mapa de Fontán sería a base cartográfica para proxectos de ferrocarril e de estradas e fonte para a elaboración doutros mapas.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistirá este martes 9 de outubro en Luxemburgo ao Consello de Ministros de Medio Ambiente para defender a postura común de todas as comunidades españolas sobre os asuntos que se debaterán nesta xuntanza. Cómpre lembrar que o pasado mes de xuño Galicia relevou oficialmente ao País Vasco como representante das comunidades ante o Consello de Ministros de Medio Ambiente da UE.
Na Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) destácase que as 6 universidades galegas e do Norte de Portugal participaron activamente na elaboración da RIS3 da Eurorrexión, a primeira estratexia de especialización transfronteiriza de toda a UE, cun obxectivo de 250 millóns para 2016.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT), que contou cunha baixa afluencia de membros debido á situación de alerta que vive Bruxelas. Os representantes rexionais e locais aprobaron o programa de traballo para 2016.
O V Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado, cita de referencia en Galicia para a análise das situacións de pobreza e exclusión e a proposta de solución, celébrase o 24 de novembro na Facultade de Filosofía organizado pola rede EAPN Galicia e o CERMI.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria incluirá no portal educativo (http://www.edu.xunta.es/portal/) un enlace desde o que se poderá acceder directamente á información relacionada con dereitos dos nenos e nenas e da cidadanía global no web de UNICEF. Fomentarase, tamén, a celebración do Día Universal da Infancia o 20 de novembro.
A Fundación Eugenio Granell de Santiago acolle a exposición da obra dos oito mozos finalistas na disciplina de deseño de xoias do Xuventude Crea que na edición de 2015 reuniu a máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos en 11 especialidades: música, teatro, deseño de xoias, moda, artes plásticas, fotografía, videocreación, banda deseñada, graffiti, poesía e relato breve.
A deputada do BNG, Ana Pontón, salientou que a AP-9 e AP-53 manteñen os prezos máis elevados do Estado e cun peor servizo, polo que pregunta ao Goberno central pola calidade dos servizos, a perda de emprego e a posible rebaixa das peaxes das autoestradas galegas que, na súa opinión, mantén unhas peaxes "abusivas".
Editada con motivo da declaración como Patrimonio Mundial dos camiños Norte e Primitivo, servirá para alcanzar a Compostela.Esta edición da credencial, promocionada por Lugo Monumental, conta co patrocinio de La Voz de Galicia, autorizado excepcionalmente para a ocasión polo Cabildo da Catedral de Santiago, e coa colaboración do artista lucense Chencho Pardo, deseñador do documento, e do Bispado de Lugo.
O Concello de Ourense súmase deste xeito á campaña de concienciación sobre a diabete máis importante do mundo. O Día Mundial foi instaurado pola Federación Internacional de Diabetes (FID) e a Organización Mundial de la Salud (OMS) en 1991, como resposta ao alarmante aumento da diabetes.
A asociación nace co obxectivo de coordinar accións entre os municipios para mellorar tres aspectos concretos: a atención ao peregrino, o coidado do Camiño e o apoio aos municipios que forman parte da Ruta Xacobea.
O obxecto da convocatoria é a creación de lemas para a campaña de sensibilización, elaborados en galego e que sexan orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 140 carácteres. Está dirixido ao alumnado residente dos colexios maiores e residencias que integran o SUR neste curso.