
A Oficina de Igualdade de Xénero e o Servizo Universitario de Residencias da USC (SUR) convocan o segundo Concurso de Lemas contra a violencia de xénero dirixido ao alumnado residente dos colexios maiores e residencias que integran o SUR no presente curso. Esta é unha actividade promovida entre os actos conmemorativos do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. O prazo para a recepción de propostas remata o 13 de novembro.
O obxecto da convocatoria é a creación de lemas para a campaña de sensibilización, elaborados en galego e que sexan orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 140 carácteres. Os lemas enviaranse por correo electrónico á Oficina de Igualdade de Xénero da USC (oix@usc.es), indicando no asunto da mensaxe Lema contra a violencia de xénero). A proposta deberá enviarse en formato PDF como documento adxunto no formulario de participación segundo o modelo que figura na web do OIX.
O xurado, conformado por persoas con experiencia no estudo de temas de igualdade de xénero e violencia contra as mulleres, seleccionará un lema gañador por cada residencia ou colexio maior ao que se outorgará un premio en metálico de 100 euros e diploma acreditativo. O proceso do concurso poderase seguir a través do sitio web da Oficina de Igualdade de Xénero, onde se publicará o listado de participantes, a composición do xurado, as persoas que resulten gañadoras, así como a fotma de entrega de premios.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.