Notas de prensa

8 finalistas do concurso de xoias Xuventude Crea expoñen na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell de Santiago acolle a exposición da obra dos oito mozos finalistas na disciplina de deseño de xoias do Xuventude Crea que na edición de 2015 reuniu a máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos en 11 especialidades: música, teatro, deseño de xoias, moda, artes plásticas, fotografía, videocreación, banda deseñada, graffiti, poesía e relato breve.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou a exposición da Fundación Eugenio Granell de Santiago que mostra o traballo dos oito mozos e mozas finalistas da especialidade de deseño de xoias do certame Xuventude Crea, organizado pola Consellería de Política Social, e que poderá visitarse ata o vindeiro 28 de novembro. O obxectivo fundamental deste programa, dixo a directora xeral, é que “os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, ao mesmo tempo que se fomenta a súa creatividade, como mostra do talento da mocidade galega”.

A mostra, que estará aberta de martes a sábado na Fundación Eugenio Granell, poderanse ver as coleccións de cada autor, compostas por tres pezas. Os finalistas son Sonia Fernández Gandásegui (Oleiros) coa colección ‘Migracións’; Sergio Pazos Maneiro (Castro de Rey) con ‘Branco Marea’; Paula García Carballal (Pontevedra) co proxecto ‘Plumas para volar’; Eva Baqueiro Gil (Cangas) coa obra ‘Suspiros de liberdade’; Alejandro Rodeiro Mauriz (Mugardos) coa colección ‘A árbore da vida’; María Isabel Domínguez Perea (Vigo) con ‘Fogoso amor’; Ángel Alberto Otero Frías (Vigo) coa obra ‘As pústulas douradas’; e Santiago López Chas (A Coruña) co proxecto ‘Metamorfosis de la lemniscata’.

Na edición de 2015 no certame de creadores novos Xuventude Crea participaron máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos en 11 especialidades diferentes: música, teatro, deseño de xoias, moda, artes plásticas, fotografía, videocreación, banda deseñada, graffiti, poesía e relato breve. Os premios nas 11 especialidades serán de 3.000 euros para os gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros. Tamén poden darse mencións de honra, sen dotación económica.

Esta iniciativa inscríbese no Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, que ten como un dos seus eixos principais o fomento da creatividade e o espírito empresarial e propón 22 medidas concretas para seguir avanzando neste eido.

Ata o 28 de novembro poderá visitarse na Igrexa da USC a mostra dos 32 proxectos finalistas das especialidades de fotografía (16) e de artes plásticas que comprende pintura (9) e escultura (7). O acto final de entrega de premios das 11 especialidades terá lugar o próximo 3 de decembro.

Na especialidade de música, o primeiro premio foi para o grupo Diariodeverano (DDV) da Coruña; o segundo para Fripp&Kite, tamen da Coruña; e o terceiro premio foi compartido entre o solista Umbra (Pontevedra) e o grupo Ofmates (Cherry Bomb) de Pontedeume.

Na especialidade de artes plásticas, que inclúe pintura e escultura, os mozos e mozas premiados foron: o primeiro premio compartido entre Beatriz Sieiro Caramés (Pontevedra) coa obra ‘Sen ti’ e Ruth Miguel Díaz (Lugo) con ‘Habitar, erosión e ruína’; o segundo premio, tamén compartido, recaeu en Adrián Taracido Fernández (Cedeira) con ‘Diafanía’ e en Javier Sande Iglesias (Noia) por ‘Remigio’; e o terceiro compartido foi para Adrián Penido Nuñez (Silleda) coa obra ‘Conciencia plástica’ e para Carlos Copa Josenge (Lugo) co proxecto ‘Puzzle de fluidofaunorostros’. O xurado outorgou unha mención de honra á obra ‘Trazos físicos da Terra’ de Silvia Capelo Álvarez (A Baña).

En fotografía o primeiro premio foi compartido entre Breogán Alamacos Millán (Lugo) coa obra ‘Galiza is different’ e Alejandro Lorenzana Velasco (A Coruña) con ‘Outro punto de vista’; o segundo premio compartido recaeu en Estefanía Andre Feijoó (Vigo) polo proxecto ‘Pegadas’ e Carla Pérez Vázquez (Boqueixón) por ‘Espellos. Espazo de reflexión’; e o terceiro premio, tamén compartido, recaeu en Lara Torres Rodríguez (Santiago) por ‘Poemas obxecto’ e en Tania Cuíña Gómez (Silleda) con ‘Recordo’. Unha mención de honra foi para María Rosario López Sánchez (Boiro) pola obra ‘Do ermo’.

No que atinxe á modalidade teatral, Vacaloura teátrica (O Rosal) coa obra ‘Mousike e as kronomusas’ recibiu o primeiro premio; o segundo foi para Pinchacarneiro teatro (Noia) pola representación ‘Vilar de inferno’; e o terceiro premio foi compartido entre Non si? Teatro (Baiona) co proxecto ‘Variacións dun soño sen título’ e Fusco e Lusco do IES Universidade Laboral de Ourense coa obra ‘Vodas de sangue’.

Na especialidade de moda, o primeiro premio foi para a colección ‘Jane Rocks’ de Irene Muiños Pereira (Mos); o segundo para Yolanda Román Vázquez (Vigo) pola obra ‘Militante vanguardista’ e o terceiro premio para Iria Carrera Chapela (Vigo) por ‘#Tags for life’. Estas obras poden visitarse durante este mes nas tendas de El Corte Inglés en Vigo.

En videocreación, Inés Miras Vieites (Santiago) recibiu o primeiro premio polo proxecto ‘Volta atrás’; Denisse Lorenzo Hermida (Vilalba) o segundo por ‘Alén das pantallas’; e Estela Suárez Recouso con ‘Extrusión social’ recibiu o terceiro premio, xunto con M.ª del Pilar Boullosa Álvarez, coa obra ‘Luscofusco’.

En poesía, o primeiro premio foi compartido entre Brais Lamela Gómez, (Vilalba), coa obra ‘Memorias dun cuarto afincado en Nevermore’ e Mónica Sánchez Rodríguez (Monforte de Lemos) polo poemario ‘O sosego do lodo’. O segundo premio, tamén compartido, recaeu en Andrea Aris Couso (Vigo) pola obra ‘3/cuartos de fame’ e en Sonia Martínez López (Sarria) por ‘Interacións fundamentais’. E o terceiro compartido foi para Fabián Freijedo Fariñas (O Carballiño) con ‘00023-KZ Arquivo Chus Psiquiatría’ e para Celia Parra Díaz (Ourense) pola obra ‘Profundidade de tacto’.

En graffiti, o primeiro premio recaeu en Ramón Conde-Corbal Varela (Mon Devane) de Ourense, co proxecto ‘Festa neón’; o segundo premio en Tirso Paz Sans (Bublegum) de Lugo coa obra ‘Mirada melosa’ e o terceiro premio foi compartido entre: Marcos Lamas Bestilleiro (Silcoe) da Coruña por ‘O rostro do querer’ e Abraham Caride Fernández (O neto do Santos) de Ourense con ‘Enxebre’.

Na especialidade de relato breve, o primeiro premio recaeu en Brais Lamela Gómez (Vilalba) pola obra ‘Barcos de Palma de Ecuador’; o segundo foi compartido entre Andrés Carrasco Solla (Pontevedra) por ‘Os dominios do caos’ e Xacobe Pato Rodriguez Gigirey (Santiago) co proxecto ‘As voces estridentes’; e o terceiro premio, tamén compartido, foi para Hérber Fernández Pérez (Chantada) coa obra ‘Boi e muiñeira’ e Rubén Pérez Pombo (Lugo) con ‘O Tintiño’.

En banda deseñada, o primeiro premio foi para Xulia Pisón Egea (A Coruña) pola obra ‘Ata o derradeiro alento’; o segundo para Inés Vázquez Ramallal (Carral) por ‘Eulalia e o bosque dos aparecidos’ e o terceiro para Daniel Corrada Rodríguez polo proxecto ‘Tódalas bruxas son malas’.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES