
A deputada do BNG, Ana Pontón formulou unha pregunta ao goberno en comisión relativa á calidade dos servizos, perda de emprego e posible rebaixa das peaxes das autoestradas galegas.
Na súa intervención, Pontón lembrou que en Galiza as autoestradas manteñen peaxes abusivas ás que sumou os abusos que se producen cando se concentra unha maior afluencia de vehículos con miles de persoas usuarias atrapadas nas peaxes sen que realmente se sancione á empresa ou se modifiquen as condicións desta concesión. Neste sentido, preguntou se o Goberno galego ten previsto algunha actuación para acadar unha significativa rebaixa das peaxes da AP-9 e AP-53 e que medidas levou adiante a Xunta ante o ridículo impacto que tivo en Galiza o plan experimental de desviar tráfico pesado á AP-9.
A deputada relatou diversos exemplos de traballadores e estudantes que deben desembolsar 300 euros ao mes se utilizan unhas autoestradas que ademais son inseguras. O transporte de produtos tamén son os grandes prexudicados, dixo e non favorece a exportación. A parlamentaria tamén criticou a xestión das autoestradas e que os gobernos do PP e PSOE non iniciaran o seu rescate e mesmo ampliaron a concesión e a súa privatización.
Pola súa parte, o director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas salientou que a xestión e tarifas corresponde ao Ministerio de Fomento pero a Xunta demandou a transferencia da titularidade da autoestrada así como unha política de peaxes homoxénea para todo o país. Sobre as rebaixas das peaxes a Xunta subvenciona o percorrido Vigo-Morrazo e Coruña- Barcala.
A deputada replicou que os usuarios/as da AP-9 e da AP-53 non teñen a mesma satisfacción" que a Xunta e que veña vostede a dicirnos que son espléndidas as bonificacións da AP-9 é unha tomadura de pelo. As bonificacións son ridículas, non son por hora e só se aplican sobre os aparellos de telepeaxe e só de volta. O que realmente hai é un mal servizo e unha concesionaria que sigue obtendo grandes beneficios grazas a miles de usuari@s atrapados nunha autoestrada sen alternativa, recalcou a parlamentaria.
AP-53, engadiu, non ten ningunha bonificación e AP-9 nunha parte moi pequena do seu percorrido que supón unha discriminación a respecto doutras autoestradas.
Finalmente Pontón tamén negou o interese do Goberno galego para reclamar a transferencia da AP-9 que cualificou de uro formalismo pois non existe ningunha iniciativa política real para que esa autoestrada pase a ser de titularidade da Xunta mentres que Cataluña e o País Vasco si conseguiron ese traspaso.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.