Notas de prensa

A USC promove o debate de referencia en Galicia na loita contra a desigualdade

O V Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado, cita de referencia en Galicia para a análise das situacións de pobreza e exclusión e a proposta de solución, celébrase o 24 de novembro na Facultade de Filosofía organizado pola rede EAPN Galicia e o CERMI.

Entre as actividades a desenvolver, logo da inauguración, figuran un diálogo sobre participación de persoas en risco de pobreza ou exclusión entre Yosehanna Ledesma e Javier Pérez García, de EAPN Galicia, e conferencias sobre os retos na loita contra a pobreza e a exclusión social en España e sobre coordinación entre administracións e organizacións sociais a cargo do presidente de EAPN España e vicepresidente da Plataforma do Terceiro Sector, Carlos Susías, e de Antonio Fernández Moro, da Xunta de Castela e León, respectivamente.

A xornada matinal rematará cunha mesa sobre compromiso e coordinación entre institucións no que participarán as concelleiras de Servizos Sociais de Ourense, Santiago de Compostela, Lugo e A Coruña; o alcalde de Muras, Manuel Requeijo; e a ata agora directora xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia, María Amparo González.

Xa pola tarde levaranse a cabo obradoiros sobre a Renda Inserción Social de Galicia (RISGA) e a necesidade de que se regule mediante un Decreto para non provocar retrasos para as institucións e indefensión entre os solicitantes. Tamén haberá sesións sobre inclusión e emprego e sobre a situación da pobreza que afecta ao 53% das familias monomarentais (unha nai con fillo/ a cargo).

Intercambio rápido de propostas innovadoras

Dentro do programa deste quinto foro levarase a cabo ademais unha nova Ágora do Terceiro Sector e Voluntariado, un formato novo que obtivo gran éxito na súa edición pasada e na que oito organizacións sen ánimo de lucro (entre elas a Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na que participa a USC) e empresas de economía social exporán de maneira breve proxectos innovadores na loita contra a pobreza e a exclusión social.

Trataranse propostas relacionadas co redes de cooperativas sen animo de lucro, saúde mental e sen fogarismo, servizos comunitarios e comercio xusto, banca ética, políticas educativas ou o uso das novas tecnoloxías na loita contra a exclusión social.

O V Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado, cita de referencia en Galicia para a análise das situacións de pobreza e exclusión e a proposta de solución, ten lugar o martes 24 de novembro na Facultade de Filosofía organizado pola Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN Galicia) xunto á Coordinadora Galega ONGD e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI Galicia).

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2015-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES