Noticias

Aprobada a creación do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero

A finalidade deste observatorio será promover a igualdade real e efectiva entre as persoas LGTBI, identificar as barreiras que aínda atopan e previr e loitar contra episodios de intolerancia. A composición do Observatorio galego contra a discriminación será a seguinte: a presidencia recaerá na persoa titular do órgano superior da Xunta en materia de igualdade; a vicepresidencia, nunha persoa representante do colectivo LGTBI; e a secretaría, nunha funcionaria ou funcionario que preste servizos na área da Xunta encargada de Igualdade.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero –unha das previsións incluídas na Lei pola igualdade de trato e non discriminación de Lesbianas, Gays, Bisexuais, Transexuais e Intersexuais–.

“Hoxe aprobamos un decreto que redunda nunha Galicia máis tolerante”, subliñou Feijóo, xusto antes de debullar as funcións de dito observatorio, entre as que se atopan as seguintes: analizar os principais problemas para o recoñecemento, restablecemento e garantía dos dereitos das persoas LGTBI; realizar propostas e recomendacións en materia de normas e políticas públicas; manter unha comunicación permanente coas instancias públicas e privadas; seguir a evolución da normalización da situación do colectivo LGTBI; e, por suposto, denunciar situacións de discriminación.

En definitiva, a finalidade deste observatorio será promover a igualdade real e efectiva entre as persoas LGTBI, identificar as barreiras que aínda atopan e previr e loitar contra episodios de intolerancia.

A composición do Observatorio galego contra a discriminación será a seguinte: a presidencia recaerá na persoa titular do órgano superior da Xunta en materia de igualdade; a vicepresidencia, nunha persoa representante do colectivo LGTBI; e a secretaría, nunha funcionaria ou funcionario que preste servizos na área da Xunta encargada de Igualdade.

Ademais, haberá varias vogalías que ocuparán: unha a Delegación do Goberno; outra o Consello Galego de Relacións Laborais; nove para a Xunta; unha para a Fegamp; tres para as Universidades; catro para os sindicatos; outras tantas para as organizacións patronais; e un número aberto de vogalías para todos os colectivos LGTBI que queiran participar.

“A forza de Galicia reside na tolerancia e no sentimento de irmandade que nos une a galegas e galegos”, concluíu o presidente da Xunta.

R., 2018-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES