Noticias

Galicia representará ás comunidades españolas no Consello de Ministros Europeos de Medio Ambiente do 9 de outubro

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistirá este martes 9 de outubro en Luxemburgo ao Consello de Ministros de Medio Ambiente para defender a postura común de todas as comunidades españolas sobre os asuntos que se debaterán nesta xuntanza. Cómpre lembrar que o pasado mes de xuño Galicia relevou oficialmente ao País Vasco como representante das comunidades ante o Consello de Ministros de Medio Ambiente da UE.

Os tres temas principais que figuran na orde do día do Consello serán a proposta dun novo regulamento comunitario no que se fixarán normas de emisións de CO2 para vehículos lixeiros (turismos e furgonetas), as conclusións sobre a posición da UE na Conferencia das Partes de Cambio Climático (COP 24) que se celebrará en Katowice (Polonia) en decembro e a postura dos Estados membros en relación ao convenio para frear a perda de diversidade biolóxica.

Cómpre lembrar que o pasado mes de xuño Galicia relevou oficialmente ao País Vasco como representante das comunidades ante o Consello de Ministros de Medio Ambiente da UE e nos grupos de traballo desta institución durante o segundo semestre deste ano, un período no que está previsto que os ministros se reúnan en dúas ocasións: o 9 de outubro e o 20 de decembro.

Durante os últimos tres meses, Galicia liderou as reunións e grupos de traballo nos que todas as comunidades pactaron a súa postura respecto dos asuntos a debater no próximo Consello de Ministros de Medio Ambiente. Esa posición común e consensuada será a que defenda o martes en Luxemburgo a conselleira Ángeles Vázquez, que formará parte da delegación española encabezada pola ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

R., 2018-10-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES