Susana López Abella lembrou que a Xunta colabora dende fai anos con Cooperativas Lácteas Unidas, e o pasado mes de xullo asinou un acordo para a visibilización e apoio a proxectos de promoción da Igualdade, xa que fomentar o empoderamento feminino, o desenvolvemento profesional e o liderado das mulleres, dignificando o seu papel no ámbito rural, é o obxectivo da iniciativa Mulleres de Seu.
López Abella indicou que dende o Goberno galego se traballa para mellorar a situación das mulleres rurais, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes.
Conseguir o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres do rural é unha prioridade e tal e como indicou López Abella é importante priorizar algunhas áreas de actuación para conseguir a Igualdade entre as mulleres e os homes no rural galego, como so n a visibilidade da muller rural, a promoción do emprendemento, a conciliación da vida familiar e laboral, e o fomento do uso da novas tecnoloxías.
Ademais, a titular de Igualdade precisou que é fundamental incentivar a incorporación das mulleres aos órganos de decisión do sector agroalimentario e de desenvolvemento rural para avanzar nunha maior presenza institucional nos ámbitos de decisión do medio, polo que as organizacións agrarias, as cooperativas e os grupos de desenvolvemento rural deben contar cunha presenza feminina en órganos directivos acordes coa realidade das mulleres rurais.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.