Notas de prensa

Preséntase na Casa de Galicia en Madrid a Credencial do Peregrino de Lugo a Santiago de Compostela

Editada con motivo da declaración como Patrimonio Mundial dos camiños Norte e Primitivo, servirá para alcanzar a Compostela.Esta edición da credencial, promocionada por Lugo Monumental, conta co patrocinio de La Voz de Galicia, autorizado excepcionalmente para a ocasión polo Cabildo da Catedral de Santiago, e coa colaboración do artista lucense Chencho Pardo, deseñador do documento, e do Bispado de Lugo.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, presidiu o acto de presentación da “Credencial do Peregrino de Lugo a Santiago de Compostela”, editada con motivo da declaración como Patrimonio Mundial dos camiños de Santiago Norte e Primitivo, que tivo lugar na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia e no que interviñeron así mesmo o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco, o presidente da Asociación de empresarios Lugo Monumental, Luís Latorre Real, e o delegado de La Voz de Galicia en Lugo, Miguel Ángel Cabana Aguiar. Entre os asistentes ao acto achábanse o deán da catedral de Lugo e vigairo xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez Carballo, e os deputados por Lugo Joaquín García Díez, exalcalde da cidade (PP), e Margarita Pérez Herraiz (PSOE).

Esta edición da credencial, promocionada por Lugo Monumental, conta co patrocinio de La Voz de Galicia, autorizado excepcionalmente para a ocasión polo Cabildo da Catedral de Santiago, e coa colaboración do artista lucense Chencho Pardo, deseñador do documento, e do Bispado de Lugo. Os beneficios estarán destinados integramente a Cáritas Lugo. O documento servirá como credencial para alcanzar a Compostela.

Ónega, lucense e anfitrión do acto, deu a benvida a participantes e asistentes, tivo palabras de recordo e eloxiou para as cidades de Lugo, onde estudou o Bacharelato, e de Santiago de Compostela, onde cursou a carreira de Dereito, e lembrou as oportunidades espirituais e culturais que ofrece o Camiño. “Esta ´Credencial do peregrino´ é máis que un sinal de identidade. É un documento de fe, unha mostra de devoción, unha constatación de unión de pobos, xentes e nacionalidades que pasan por Lugo, Camiño Primitivo, para cumprir ese milagre que se chama Santiago de Compostela, cidade do Apóstolo”, mantivo.Tamén resaltou o respaldo á iniciativa da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O bispo de Lugo expresou a súa convicción de que esta iniciativa “pode ser o xerme dunha obra boa con moitas repercusións positivas, para a cidade e para os lucenses”. Explicou que hai restos que testemuñan a antigüidade de Lugo como cidade romana e cristiá, á que se supón que o propio Santiago chegou facendo o Camiño Primitivo no sentido inverso, e resaltou que a caracteriza ser “a cidade do Sacramento”, que está permanentemente exposto na catedral como, ao parecer, acordouse nun concilio celebrado no século VI. “Era o camiño que seguiron os reis de Asturias” e “durante mil anos Lugo foi a referencia da Galicia real, logo foino Santiago”, foron outras das súas reflexións que concluíron en que o camiño de Lugo a Santiago “é extremadamente expresivo”, pois é a ruta “orixinal, vai ás raíces o Camiño”.

Latorre explicou que a publicación da credencial do peregrino propia desde Lugo a Santiago de Compostela a través da ruta do Camiño Primitivo, posiblemente sexa o proxecto máis importe de Lugo Monumental en anos. “O proxecto pode supoñer unha proxección extraordinaria para Lugo como punto de inicio do Camiño Primitivo, xa que somos a primeira poboación que cumpre o requisito dos 100 quilómetros de ruta para alcanzar a cobizada Compostela”, da mesma forma que Sarria o é no Camiño Francés.

Cabanas referiu que La Voz de Galicia acolleu con entusiasmo a idea polo que supoñía de “poñer en pé” o Camiño Primitivo, “que estaba practicamente perdido” pero que está a ter un auxe importante nos últimos anos, e lembrar que entre Lugo e Santiago hai os 100 quilómetros requiridos para a Compostela e pola proxección que pode supoñer para Lugo, como cidade romana, entre os peregrinos con inquietudes culturais e como destino internacional.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES