Notas de prensa

David Otero, chairego de honra

David Otero, escritor, mestre e militante cultural será nomeado Chairego de Honra o sábado, 7 de novembro, en Vilalba, pola Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María.

O nomeamento é un recoñecemento ao seu labor de espallador das esencias da
Terra Chá por todas as comarcas do país.

Os actos comenzan, ás 12, na Casa da Cultura de Vilalba, cunha Táboa
Redonda na que van intervir Helena Villar, Xoán C. Garrido, Heitor Picallo,
Mini e Mero, Xabier P. Docampo, Alfonso Blanco e Xulio Xiz.

Posteriormente haberá un xantar na Casa Maragata, no lugar de A Torre, no
K.631,5 da Nacional 634. O prezo do xantar é de 15 euros.
Despois do xantar haberá un concerto.

Para apuntarse ao xantar, o teléfono 646413890 ou xermolos@xermolos. org

Xulio Xiz, 2015-11-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES