
O Samaín celébrase hai milleiros de anos en todo o territorio celta a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro con motivo do peche da tempada de colleitas e a chegada do inverno, lembraba a concelleira de Cultura, Belén Iglesias. Moitos coinciden en sinalalo coma a orixe das tradicións asociadas aos mortos, da que se derivan, entre outras, o Halloween anglosaxón, porque a tradición é a mesma: espantar os malos espíritos nas noites de transición entre o verán e o inverno, dixo. Este 2015, e debido ao éxito de pasadas edicións, a Concellería ampliou significativamente o número de actividades.
Ás 12:00 horas haberá unha sesión de contacontos na praza de San Cosmede e Damián, e dende as 17:00 horas organízanse diferentes obradoiros nas prazas de Saco e Arce, praza da Imprenta e praza de Manuel Sueiro. A partir das 19:30 horas haberá un desfile de cabazas co seguinte percorrido: praza de Saco e Arce, praza Maior, rúa da Liberdade, praza de San Marcial, Hernán Cortés, praza das Damas e praza Maior, onde se celebrará a fin de festa.
Na rolda de prensa presentouse tamén o cartel para esta edición, obra do artista Moncho Barazeiro, elixido de entre as propostas presentadas a concurso.
PROGRAMACIÓN SAMAÍN 2015
12.00 h Contacontos de Servando Barreiros
Lugar: Praza San Cosme e San Damián
Organiza: A Galleira
17.00 h Taller de Baleirado de cabazas
Lugar: Praza Saco e Arce
17.30 h Microteatro, pequena representación teatral interactiva, onde se lles dará a coñecer aos cativos e cativas a orixe do Samaín
Lugar: Praza da Imprenta
Duración: pases de 15 min
17.30 h Obradoiro O bosque dos Druídas
Os druídas cumprían un papel importante no Samaín xa que realizaban as pócemas de purificación e ritos para protexer a aldea. Os participantes realizarán saquiños con herbas recollidas polos druídas
Lugar: Praza Manuel Sueiro
17.30 h Obradoiro: Os fachóns do Samaín
Outra das tradicións celtas era facer una fogueira onde os habitantes da aldea queimaban ofrendas. Realizaranse fachóns que os participantes levarán no desfile
Lugar: Praza Manuel Sueiro
17.30 h Taller de maquillaxe
Lugar: Praza Manuel Sueiro
17.30 h Obradoiro de enfeltrado de figuras de Samaín
Lugar: Praza Manuel Sueiro
19.30 h Desfile de Cabazas
Percorrido: Praza Saco e Arce, Praza Maior, rúa Liberdade, praza San Marcial, Hernán Cortes, praza das Damas e praza Maior
Ao rematar baile e festa na Praza Maior.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.