
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, participou nun showcooking no que o Grupo Nove anunciou a súa adhesión á campaña promocional Non piques non peques, impulsada pola Consellería do Mar para fomentar o consumo responsable dos produtos pesqueiros. Ao acto tamén asistiu o subdirector xeral de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto.
Juan Maneiro agradeceu aos integrantes do Grupo Nove esta unión, que suporá un pulo de cara a fomentar o consumo de produtos pesqueiros adquiridos polas vías legais de comercialización. Ao tempo, reiterou unha vez máis o firme compromiso da Consellería do Mar contra a lacra do furtivismo e lembrou que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale.
No showcooking, os cociñeiros do Grupo Nove Pepe Solla, Yayo Daporta e Lucía Freitas prepararon uns pratos a base de produtos do mar galegos, que despois degustaron os asistentes.
Non piques non peques
A campaña Non piques non peques posta en marcha pola Consellería do Mar, nace co obxecto de fomentar o respecto da cidadanía aos talles mínimos establecidos pola Lei, ás especies ovadas ou que aínda non chegaron á súa madurez e que se cumpran os períodos de veda nos que non se pode consumir. O obxecto que persegue é o de axudar a preservar o labor, esforzo e dedicación de todos os colectivos vinculados ao mar que traballan dentro da legalidade. Esta campaña de concienciación estase a desenvolver a través de folletos informativos, vallas publicitarias e anuncios nos diferentes medios de comunicación e con puntos de información nos distintos establecementos adheridos.
Grupo Nove
Este grupo de restauración está formado por 22 cociñeiros e 18 restaurantes que co seu traballo e cos seus pratos buscan reivindicar a modernidade e vixencia da nova cociña galega, sen renunciar ás orixes da vangarda gastronómica de Galicia, que combina o mellor da tradición e da innovación. Este colectivo cociña produtos de tempada e pratos creativos co obxecto de difundir a cultura gastronómica galega e a nova cociña a toda a poboación, dentro e fóra de Galicia, buscando, deste xeito, que cada vez máis xente acuda aos restaurantes do grupo atraída polas creacións gastronómicas de calidade.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.