O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), decidiu outorgarlle na presente edición o premio Cidade de Ourense ao director e guionista Enrique Urbizu, recoñecendo así a súa traxectoria profesional. Segundo o comité asesor do certame, o cineasta vasco ten consolidado un labor profesional destacado, que foi acadando metas máis ambiciosas conforme foron pasando os anos. Entre os seus traballos figuran historias de interese, ás que lles imprime axilidade no ritmo dentro de xéneros pouco utilizados polo cine español, e cos que se gañou o respecto da súa profesión.
A pesares da súa xuventude, conta cunha dilatada carreira cinematográfica na que colleitou numerosos galardóns, entre os que destacan oito premios Goya: dous deles en 2002 con La caja 507 e os outros seis con No habrá paz para los malvados (guión, mellor dirección e mellor película). Ademais de cineasta, é profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade Carlos III de Madrid.
Nado en Bilbao en 1962, é licenciado en Ciencias da Información. Os seus primeiros contactos co cinema foron a través da dirección de curtas. En 1987 dirixiu Tu novia está loca, a súa primeira longametraxe, protagonizada por Antonio Resines e María Barranco, que dan vida a unha comedia de enredo. En 1991 dirixiu a tamén exitosa Todo por la pasta.
Despois viñeron Cómo ser infeliz y disfrutarlo e Cuernos de mujer. Ambos filmes estaban baseados nuns libros da xornalista Carmen Rico-Godoy. Nese tempo adaptou Cachito, un relato de Pérez Reverte, coa que abriu a porta á adaptación doutra novela do mesmo autor: El club Dumas, dirixida por Polanski en 1999 baixo o título de La novena puerta.
En 2006 converteuse en vicepresidente da Academia de Cine, como segundo da lista encabezada por Ángeles González-Sinde. Agora ten practicamente lista Silver of lead, película rodada en Estados Unidos sobre a vida do famoso narco colombiano Pablo Escobar.
No transcurso do acto da entrega do premio proxectarase La vida mancha, dirixida polo propio Urbizu en 2003.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.