O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse coa nova xunta directiva da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social en Galicia (EAPN Galicia), representada por: Antonio Hernández, en calidade de presidente e en representación de FEAFES Galicia; Mónica Permuy, vicepresidenta e membro da Fundación Meniños; Patricia Blanco, tesoureira e pertencente a Autismo Galicia; Eva Vera, secretaria e integrante da Fundación Secretariado Gotano; e os vogais Carlos Villar e Eloina Ingerto, de Ecos do Sur e da Fundación Juan Soñador, respectivamente. Este primeiro encontro de traballo enmárcase na rolda de reunións que Rey Varela está a manter con diversos colectivos e entidades que traballan diariamente no ámbito social co obxectivo de acentuar a colaboración.
Así, esta xuntanza tivo lugar despois de que o titular autonómico de Política Social asistira o pasado venres, día 16, ao acto oficial conmemorativo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza que se desenvolveu na sede da Valedora do Pobo. No mesmo, as plataformas EAPN, CERMI e a Coordinadora ONGND deron a coñecer unha declaración conxunta e un manifesto elaborado polos membros do Grupo de Participación de Persoas en risco de pobreza ou exclusión social.
Rey Varela destacou o traballo e esforzo diario e a pé de rúa destas organizacións, indicando que son coñecedoras das necesidades das persoas e familias que peor o están pasando. Nesta liña, avogou por acentuar a coordinación e colaboración entre administracións públicas e devanditas entidades para chegar a un maior número de persoas e atendelas mellor. Ao respecto, recordou que a Comunidade conta cunha Estratexia de Inclusión Social para o período 2014-2020 que ten entre os seus principais obxectivos loitar contra a pobreza infantil, reducir as consecuencias da exclusión territorial, dar un novo pulo á inserción no mercado laboral e mellorar a prevención nos casos de vulnerabilidade. Así, neste marco deseñouse o Plan de Loita contra a Desigualdade económica, con 23 medidas concretas que pretende chegar a todos os colectivos en situación de vulnerabilidade ou risco de pobreza, con prioridade para as familias con menores a cargo para cubrir as súas necesidades en materia de sanidade, vivenda e educación. Algunhas das súas medidas son o cheque escolar para a adquisición de material, o ticket eléctrico social, o bono aluguer ou a bonificación de medicamentos.
Compromiso firme
Así mesmo, o conselleiro de Política Social reiterou a firme aposta da Xunta de Galicia pola inclusión e as persoas que serán un dos eixes prioritarios dos orzamentos para o vindeiro exercicio de 2016. A recuperación das contas públicas centrarase nas familias e en axudar ás persoas que peor o pasaron na crise, dixo.
Por último, manifestou que a loita contra a pobreza é unha tarefa a levar a cabo entre todos. O conxunto da sociedade debe sensibilizarse, concienciarse e fomentar a inclusión social, engadiu Rey Varela.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.