Notas de prensa

O Colexio de Xornalistas expresa o seu fondo pesar pola morte de Nacho Mirás

O xornalista foi membro do pleno territorial do Colexio de Xornalistas de Galicia entre os anos 2000 e 2008.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere transmitir ás súas condolencias polo falecemento de Nacho Mirás e trasladar o cariño de toda a profesión á familia e amigos deste xornalista, especialmente á súa compañeira Ainhoa Apestegui, representante do Colexio da demarcación de Santiago.

Nacho Mirás (Vigo, 1971), que realizou toda a súa carreira en La Voz de Galicia e Radio Voz, foi membro do Pleno Territorial do CPXG durante as dúas primeiras lexislaturas do Colexio (2000-2004 e 2004-2008).

A súa morte a unha idade tan nova, vítima do cancro contra o que loitou os últimos dous anos causa unha gran dor entre a profesión xornalística e no seo do CPXG. Mirás exerceu ata o final o xornalismo: nestes últimos anos, contou a loita contra o tumor desde o seu blog, rabudo.com, e no libro El mejor peor momento de mi vida.

A Xunta de Goberno do CPXG, en nome do conxunto de profesión, quere expresar o seu fondo pesar por esta morte e suspende, en sinal de respecto, a reunión da Xunta de Goberno.

Xunta de Goberno (Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), 2015-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES