
Converter o patrimonio ferroviario de Galicia nun recurso turístico que axude a xerar emprego e facilite a desestacionalización do sector e ofreza novos destinos para un público cada vez máis interesado en alternativas de calidade foi unha das conclusións coas que se pecharon as Xornadas Ferroviarias que o Inorde organizou na estación de Baños de Molgas, entorno á proposta do patrimonio ferroviario como tractor de produtos turísticos culturais.
A sesión do venres foi iniciada polo vicepresidente da Asociación Europea de Ferroviarios, Julio Álvarez Rodríguez, que puxo o acento no modelismo ferroviario. Centro de atención de decenas de miles de afeccionados en toda Europa, este sector, ademais de ser altamente tecnolóxico xera emprego e unha disposición favorable ao redor do mundo do ferrocarril, asegurou Julio Álvarez.
Carlos Tavares, presidente de ASOFER, a asociación de Ourense, destacou o papel tan importante que teñen as asociacións de amigos do ferrocarril de España, aproximadamente dun centenar, na preservación do patrimonio ferroviario. Un patrimonio cultural e industrial que, sen lugar a dúbidas pode ser logo reusado no desenvolvemento de produtos turísticos de gran alcance, como son o caso do Tren da Fresa, o máis veterano dos trens turísticos con material ferroviario de época, os trens de luxo como o Al Andalus, que ten a súa orixe na rehabilitación dos antigos coches Pullman tanto dos ferrocarrís Andaluces como do mítico Orient Express, explicou Carlos Tavares.
A historia da gastronomía vinculada ao mundo do tren, foi o tema que abordou o xornalista Francisco J. Gil, recordando como viaxar e comer son dous verbos que se conxugan case en paralelo dende o inicio da historia do ferrocarril e o tren convértese no primeiro difusor da gastronomía local e dos produtos quilómetro cero, un aspecto que volve a renacer en Galicia gracias á explotación dos trens turísticos, destacou Francisco Gil.
E no referente aos trens turísticos, o xefe da línea de Trens Turísticos de Renfe, Luis José Cao López, destacou a gran aceptación que estes produtos, turísticos e ferroviarios a un tempo, están a ter no público, o que se evidencia co cheo que están a ter, e engadiu, o tren ten un papel importante, posto que os mesmos produtos, se fosen co autobús como medio de transporte fracasarían.
As Xornadas foron clausuradas, na parte expositiva, cunha mesa redonda sobre o papel que o patrimonio ferroviario xoga no desenvolvemento dos recursos turísticos e culturais do territorio. Nela participaron todos os responsables das ponencias desta xornada e da do día anterior, ademais da xerente do consorcio turístico Ribeira Sacra, Alexandra Seara Sobrino, e o xerente do departamento de protección do patrimonio da Fundación dos Ferrocarrís Españois, Miguel Jiménez.
Durante a mesa redonda fíxose un repaso ás experiencias desenvolvidas ata o momento cos trens turísticos e os proxectos Estaciones e Estaciones Vivas, destacando o resultado altamente positivo que tiveron para o territorio. Ao mesmo tempo realizáronse propostas complementarias que incrementen a oferta actual e que axuden a que a súa duración no tempo se prolongue máis alá da tempada actual.
Entre o público asistente, preto dun centenar de persoas, estiveron un gran número de alumnos do Master de Turismo do Campus de Ourense.
As Xornadas comezaron coa intervención de José Paulo Dantas, en representación da Cámara Municipal de Viana do Castelo e José Manuel Rodríguez, xerente do Inorde, que explicaron con detalle tanto o proxecto Estaciones Vivas, como o seu predecesor Estaciones, co que se logrou a rehabilitación de 6 estacións da provincia de Ourense e o funicular de Santa Luzía en Viana do Castelo.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.