//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Esta será unha das principais novidades do Plan de Inspección Ambiental de Galicia 2019-2024, o segundo destas características que se pon en marcha na comunidade co obxectivo de fixar os principais obxectivos no que respecta á realización deste tipo de controis e ás grandes liñas estratéxicas a seguir para poder acadalos. Así, Galicia converterase nunha das comunidades autónomas máis rigorosas e avanzadas en control ambiental, e será a única de España recoñecida desde o ano 2018 co certificado ISO 9001:2015 que acredita a calidade do seu traballo.
A programación de Pequefilmes abrangue todas as etapas da infancia, con tres seccións diferenciadas por idades: Vagalumes de 0 a 3 anos, Miñocas para maiores de 4 anos e Fanecas a partir dos 7 e ata os 12 anos de idade. En total durante os días 26 e 27 de xaneiro realizaranse no Museo Centro Gaiás máis de 150 proxeccións de curtametraxes procedentes de 30 países. Unha ampla escolma de películas con variedade de estilos, temáticas e historias para espertar a curiosidade e o gusto polo audiovisual de calidade entre a cativada. Catro traballos feitos na nosa comunidade poderán verse na sección a concurso de Pequefilmes.
O Grupo de Investigación Integrado de Enxeñaría Civil e Xeomática (Giceo) da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC traballou nos últimos anos xunto con investigadores da UVigo e un consorcio de empresas integrado por Extraco S.A., Betanzos HB S.L., Soutos Sativa S.L., Indutec Enxeñeiros S.L.U., Galaicontrol S.L. e Renga Enerxía S.L., na valorización de residuos e/ou co produtos agroindustriais e na posible obtención de bioprodutos de alto valor engadido con aplicacións na industria no marco do proxecto de investigación Innobiorresiduos, que contou cun orzamento de máis dun millón de euros.
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo acaba de outorgar esta declaración, culminando así un proceso de varios anos últimos anos. O Entroido de Xinzo de Limia únese así á Festa do Albariño de Cambados recoñecida o ano pasado con esta distinción- a festividade do Apóstolo Santiago, a Romaría Vikinga de Catoira, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), o Corpus Christi de Ponteareas, a Semana Santa de Viveiro, a Semana Santa de Ferrol, as Fogueiras do San Xoán da Coruña e a Festa da Arribada de Baiona.
O Servizo Galego de Saúde acadou no pasado ano 2018 unha cifra récord de 354 transplantes de órganos nos seus hospitais, a máis elevada desde que se iniciou a actividade transplantatoria en Galicia. Do total de transplantes, 170 foron de ril; dos cales 31 procedían de doante vivo, 124 de fígado, 2 de páncreas, 25 de corazón e 33 de pulmón. Salientar que, desde que se realizou o primeiro transplante, no ano 1981, ata o 31 de decembro de 2018, xa se levan feitos en Galicia un total de 7.942 transplantes de órganos.
O tempo de espera media cirúrxica en Galicia é de 61,6 días a decembro de 2018, case cinco días menos que en decembro de 2017, cando se situou en 66,4 días de espera media. Este dato sitúase como a cifra máis baixa de toda a serie histórica de Galicia e en relación ao resto de comunidades, está entre as catro que teñen menos demora do Estado. A atención primaria é o servizo sanitario mellor valorado pola cidadanía en todos os barómetros sanitarios. No último informe do Ministerio de Sanidade, o 88,50% dos usuarios en Galicia consideraron que recibiran unha atención boa ou moi boa en atención primaria
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a autorización no Consello da Xunta dun acordo cos sindicatos UGT e CC.OO que cualificou de histórico e moi ambicioso para a mellora da función pública. A este respecto, Feijóo aseverou que se trata do acordo máis importante acadado no ámbito do emprego público na historia de Galicia. Ábrese así, dixo, unha nova etapa na que o obxectivo será acadar un emprego público de calidade, estable e ben retribuído, que ofreza as mesmas condicións para os profesionais que desempeñen iguais funcións e que recoñeza o esforzo laboral e motive a mellora constante da formación co conseguinte beneficio para a cidadanía.
Aprobouse para a súa remisión ao Parlamento a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia para facilitar a recuperación de centros históricos e núcleos rurais e protexer as edificacións históricas. Esta lei se enmarca no obxectivo de priorizar a rehabilitación fronte ás novas construcións. A norma diferencia dous ámbitos de actuación: a rehabilitación edificatoria; e a rexeneración urbana, referida a actuacións que afectan tanto edificios como tecidos urbanos. Así mesmo, o novo documento axilizará a tramitación para a recuperación de centros históricos e núcleos rurais.
A Cidade da Cultura duplicou o número de visitas no Nadal grazas á exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra que exhibe por vez primeira en Galicia A derradeira leición do mestre e ás actividades para público familiar de Cidade do Nadal, unha urbe máxica con obradoiros, cunha grande para decorar conxuntamente e cun premiado espectáculo familiar. O Gaiás recibiu durante estas festas 7.000 persoas, alcanzando nalgunha destas datas cifras récord ao superar os 800 visitantes por día.
O edificio administrativo do Sergas acolleu as primeiras xuntanzas dos grupos específicos de traballo propostos polo Sergas para adoptar decisións compartidas cos profesionais na reformulación do modelo de atención primaria. Máis de sesenta profesionais, de distintas categorías e de todas as áreas sanitarias, comezaron hoxe a traballar nos distintos grupos co obxectivo de abordar propostas a curto, medio e longo prazo coas que afrontar o reto do envellecemento poboacional e as dificultades para dispoñer de profesionais que afectan ao conxunto do Sistema Nacional de Saúde.
Ha tenido lugar la reunión de la Junta de Cofradías, presidida por el Obispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, para preparar las próximas celebraciones de Semana Santa.
Presentouse en Vigo a programación do Parque Nacional para este ano con actividades do proxecto Starlight, que inclúen tamén visitas guiadas en familia, observación do ceo nocturno con asociacións de astrónomos ou contacontos para os máis pequenos. Ademais, o Parque manterá os seus servizos habituais de rutas guiadas, actividades de snórquel ou kaiak, obradoiros divulgativos, formación ou concursos. O obxectivo é superar este ano os 400.000 visitantes que se achegaron ao Parque en 2015.
Durante a inauguración da feira Xantar, presentouse a iniciativa Smart Camiño que avoga por seguir apostando pola calidade e a diversificación para consolidar a marca Galicia como destino único e chegar aos 5 millóns de visitantes este ano. Considérase a gastronomía como un dos elos da cadea que permite que Galicia sexa un destino turístico en voga.
Este monumento albergará un Centro de Interpretación do propio Castelo. O Castelo de Pambre convértese nun novo referente na Ruta Xacobea tras a súa rehabilitación e o remate das obras e das actuacións complementarias nas que Turismo de Galicia investiu máis de 2 millóns de euros.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia lembra que o día 8 de febreiro pecha o prazo de inscrición nas probas de acreditación da lingua galega coñecidas como CELGA, e que os exames celebraranse os días 2, 3, 9 e 10 de abril de 2016 en Santiago de Compostela e Ponferrada (León), dado o notable interese pola lingua galega que existe nesta zona.
O sábado, 30 de xaneiro, clausúrase a XLIV edición de O Nadal de Begonte co peche das visitas ao Belén Electrónico e ao Museo do Belén, e coa entrega de premios dos distintos certames convocados.
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2016, celébrase en Expourense desde o mércores, día 3 de febreiro, ata o domingo día 7, e trátase do único certame internacional celebrado en España dedicado conxuntamente ao turismo e a gastronomía. México é o país convidado da edición de 2016.
Dentro dos actos previstos para celebrar o cincuentenario de Aspnais, máis de douscentos destacados lucenses van participar nestas actividades, dando a súa visión da traxectoria e realidade desta institución.
O xurado destacou a afinidade do deseño coa troula e a espontaneidade da festa, así como a expresividade dos rostros que conforman a comparsa. Ao Concurso de Carteis presentáronse un total de 84 propostas e a cidade recupera o tradicional Entroido desde o 5 de febreiro.
O Consorcio de Santiago celebrou a Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Ademáis de varios convenios culturais, deuse luz verde ás bases de acceso ao curso de posgrao da Escola de Altos Estudos Musicais para o curso académico 2016-2017.