
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a presentación do Smart Camiño, unha iniciativa integrada no Smart Turismo e encamiñada a dotar a ruta xacobea coas novas tecnoloxías.
Durante a inauguración oficial de Xantar 2016, Feijóo avogou por seguir apostando pola calidade e a diversificación para consolidar a marca Galicia como destino único e chegar aos 5 millóns de visitantes este ano.
Así mesmo, referiuse á gastronomía como un dos elos da cadea que permite que Galicia sexa un destino turístico en voga que se afianza ano a ano, como avalan as cifras acadadas no 2015.
Sobre este aspecto, o titular do Goberno galego afirmou que o pasado ano se superou por primeira vez nun ano non santo- a barreira dos catro millóns de visitantes -4,5 millóns de viaxeiros-; cun 12% máis de visitantes que no período anterior.
Logo de precisar que os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloran tamén en relación ao pasado ano en preto de tres puntos porcentuais, Feijóo salientou que a Comunidade galega superou o millón de turistas estranxeiros -1,2 millóns-, preto dun 20% máis que no ano anterior; e, no tocante ao turismo nacional acadou os 3,3 millóns de viaxeiros e algo máis de 3,9 millóns de pernoitas.
Compromiso para consolidar a marca Galicia como destino único
O obxectivo é, no ano 2016, chegar aos 5 millóns de turistas, incidiu, logo de resaltar o compromiso do Goberno galego para consolidar a marca Galicia como destino único.
Fixemos unha aposta decidida pola calidade e a diversificación e somos a primeira comunidade autónoma con establecementos Q en hoteis e restaurantes- e a primeira comunidade autónoma en bandeiras azuis, precisou.
Así mesmo, Feijóo concluíu a súa intervención afirmando que escaparates como Xantar contribúen tamén á promoción da marca Galicia e poñen de manifesto o gran momento que vive a gastronomía galega, como tamén o testemuñan as trece estrelas Michelin que distinguen trece establecementos da nosa Comunidade ou os 37 soles Repsol que acumulan 25 restaurantes galegos.
O presidente da Xunta destacou tamén a cociña de autor, que ten oco nos máis de 66 establecementos de restauración que, situados ao longo do noso territorio, teñen acreditado a súa excelencia culinaria, contando co selo Q de calidade que así o certifica; e as máis de 300 festas gastronómicas, das cales cinco contan coa distinción de festa de interese nacional.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.