Notas de prensa

Clausúrase a XLIV edición do Belén de Begonte

O sábado, 30 de xaneiro, clausúrase a XLIV edición de O Nadal de Begonte co peche das visitas ao Belén Electrónico e ao Museo do Belén, e coa entrega de premios dos distintos certames convocados.

O acto celébrase no salón do Centro Cultural “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN” ás 5 da tarde, e ten carácter público. Os premios serán entregados a:


POESÍA.- Xosé Otero Canto (1º), Carlos López Fernández (2º), e cadansúa Mención de Honra a Rosa Piñeiro e Lucía Penalonga Cruz.


XORNALISMO.- Pepe Pol (1º), Beatriz Valcárcel Gómez (2º), e Mención de Honra a Ramón Eijo Balseiro.

ARTE.- Eduardo Pérez Baamonde (1º) e cadansúa Mención de Honra a Fabiola Mecías e José Manuel Peña Romay.

DEBUXO INFANTIL.- ADRIANA POLO GONZÁLEZ, 10 anos. Ceip Juan Rey-Lourenzá. MANUEL CARRASCO MUÑOZ, 10 anos. Ceip Virxe do Corpiño-Begonte. ANDREA GARCÍA DÍAZ. 6 anos. Ceip Juan Rey-Lourenzá. RAMÓN LOURÉS MIRAD, 10 anos. Ceip Virxe do Corpiño-Begonte. CLAUDIA CARRIL CABALEIRO, 10 anos. Ceip Juan Rey-Lourenzá. JIMENA FERNÁNDEZ REINANTE, 7 anos. Ceip S. Miguel de Reinante. PILAR CARREIRA VALLE. 11 anos. Ceip Virxe do Corpiño-Begonte. NEREA ÁLVAREZ VALEA. 10 anos. Ceip Juan Rey –Lourenzá. MATEO SAN ISIDRO PÉREZ, 15 anos, Ies Vilar Ponte Viveiro. KATTYA ZIJIAO GARCÍA. 11 anos. Ceip o Cantel – Foz. AINARA LÓPEZ FERNÁNDEZ. 11 anos. Ceip S. Miguel de Reinante. MARÍA VÁZQUEZ ALONSO. 14 anos. Ies Vilar Ponte-Viveiro. MARíA COCIÑA LÓPEZ, 12 anos. Ies Dionisio Gamallo Fierros-Ribadeo. ELENA REY PERNAS. 14 anos. Ies Vilar Ponte, Viveiro. Mª ANASTASIA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ. 11 anos. Ceip O Cantel, Foz. DAVID BARATA UZ. 11 anos. Ceip O Cantel-Foz.

Actúa nesta xornada de clausura a YOUNG MURAJAZZ BIG BAND, das Escolas municipais de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, dirixida por Alex Troya. Asiste o Presidente de Honra do Belén, José Luis Hernangómez Sastre.

Xulio Xiz, 2016-01-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES