Noticias

USC, UVigo e empresas exploran a obtención de bioprodutos e a valorización de refugallos agroindustriais con 'Innobiorresiduos'

O Grupo de Investigación Integrado de Enxeñaría Civil e Xeomática (Giceo) da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC traballou nos últimos anos xunto con investigadores da UVigo e un consorcio de empresas integrado por Extraco S.A., Betanzos HB S.L., Soutos Sativa S.L., Indutec Enxeñeiros S.L.U., Galaicontrol S.L. e Renga Enerxía S.L., na valorización de residuos e/ou co produtos agroindustriais e na posible obtención de bioprodutos de alto valor engadido con aplicacións na industria no marco do proxecto de investigación Innobiorresiduos, que contou cun orzamento de máis dun millón de euros.

Os resultados deste programa de I+D, seleccionado na convocatoria Conecta Peme 2015 da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e cofinanciado con 555.550 euros polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, veñen de presentarse na Casa do Saber do campus lugués, nunha sesión durante a que os axentes implicados en Innobiorresiduos presentaron os resultados máis destacables obtidos nas diferentes actividades realizadas.

Os obxectivos principais deste proxecto eran por unha banda, a valorización de residuos e co produtos procedentes do sector agroindustrial galego (refugallos da industria da castaña e da industria da madeira) e por outra, a obtención de novos bioprodutos con valor engadido para as propias industrias xeradoras dos residuos e doutros sectores, en clara consonancia coas directrices do que se coñece como economía circular.

Daquela, esta sesión final do proxecto permitiu analizar e debater sobre os avances acadados cara a obtención de biosurfactantes para o seu emprego na industria de produción de taboleiros de madeira, así como na elaboración de compost a partir das fraccións dos residuos analizados para a mellora do crecemento de micorrizas no sector agrario. Este proxecto de I+D permitiu tamén estudar e analizar o efecto do emprego destes bioprodutos na eficiencia enerxética dos procesos industriais das diferentes empresas do consorcio e no impacto medioambiental (análise de ciclo de vida) dos produtos resultantes destes procesos.

Respecto da implicación do grupo Giceo da USC neste proxecto de I+D, cómpre sinalar que varios profesores do Grao en Enxeñaría Civil da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría pertencentes a este equipo de investigación participaron nas actividades do programa orientadas á valorización e aproveitamento de bioprodutos ricos en lignina obtidos a partir de residuos agroindustriais. Os potenciais usos industriais deste tipo de refugallos estudados no marco do programa Innobiorresiduos están centrados no eido da construción de infraestruturas de transporte, máis especificamente na produción de firmes e pavimentos, que, por outra banda, constitúe unha das principais liñas de investigación do grupo Giceo da USC.

R., 2019-01-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES