//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia contará co seu primeiro Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX), un completo documento no que se recollen e regulan os usos permitidos neste espazo natural durante a vindeira década co fin de garantir unha maior protección e conservación dos seus valores. Despois de acadar o visto bo do Consello da Xunta a finais de 2018, coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia do decreto de aprobación do plan cómprese o último trámite para a súa entrada en vigor e dáse así un paso imprescindible na candidatura do parque nacional a ser declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
O conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou no Parlamento galego a próxima elaboración dunha nova lei de prevención e extinción de incendios forestais, dada a gran aposta que fai a Xunta nesta materia. Fíxoo durante a súa comparecencia, a petición propia, para dar conta das liñas estratéxicas do seu departamento. Así mesmo, o titular de Medio Rural aproveitou a comparecencia para facer balance dos lumes rexistrados o pasado ano, que foron 1.426, afectando 2.608 hectáreas de superficie. O conselleiro defendeu a importancia da recente modificación da estrutura da consellería, coa creación dunha dirección xeral específica de Defensa do Monte, que xestiona xa todo o relacionado coa prevención e a extinción.
O audiovisual galego presentouse en Berlín diante da industria cinematográfica internacional, nun encontro celebrado no marco da 31ª edición do European Film Market (EFM), que se desenvolve do 7 ao 15 de febreiro en paralelo á Berlinale. Para a celebración deste evento especial, a organización volveu a escoller o Academie Lounge de Berlín, local situado moi próximo ás sedes do mercado, que reuniu a 200 profesionais coa finalidade de intensificar as relacións entre os representantes do audiovisual galego desprazados e a industria internacional convidada. Este encontro facilitoulles aos profesionais a posibilidade de ampliar a súa axenda de contactos e detectar potenciais clientes ou colaboradores.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizou un total de 209.718 intervencións cirúrxicas durante o pasado ano 2018 (205.277 en 2017). Delas 110.359, o 53% foron ambulatorias (107.710 en 2017) e 99.359 con ingreso (97.567 en 2017). Isto supón que máis da metade das intervencións cirúrxicas realizadas en 2018, non precisaron de ingreso hospitalario dos pacientes. A actividade ambulatoria considérase unha práctica beneficiosa para o paciente ademais de que, complementariamente, conleva unha mellor utilización dos recursos, aumentando os indicadores de resolución.
A Xunta de Galicia realizará de xeito inminente a convocatoria de novas oposicións para cubrir un total de 847 prazas de emprego público na Administración galega. Estas 15 convocatorias serán publicadas no prazo máximo dun mes no Diario Oficial de Galicia (DOG), e desde ese momento abrirase un prazo para que as persoas interesadas poidan apuntarse. O director xeral da Función Pública, José María Barreiro, anunciou hoxe a posta en marcha duns procesos para o acceso á Xunta de Galicia sen precedentes nas últimas décadas. Neste sentido, recalcou que a totalidade dos procesos que se convocan serán de acceso libre.
Nas vindeiras semanas comezará a tramitación da Lei de impulso demográfico, que fará de Galicia a primeira Comunidade Autónoma que elevará a rango de lei as súas políticas neste ámbito. A demografía é un dos principais retos que ten por diante o Executivo autonómico e que para afrontalo cómpre a implicación do conxunto da sociedade. Esta lei pioneira dará continuidade ao traballo do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, foro de participación no que están representados grupos políticos, organizacións sindicais e empresariais, universidades, administracións local e central, entidades sociais, así como profesionais e expertos nesta materia.
O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, interveu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento de Galicia, onde avanzou que a Xunta porá en funcionamento na primavera un distintivo obrigatorio para facilitar a identificación dos vehículos VTC. Ignacio Maestro reiterou que o Ministerio de Fomento debe establecer un marco regulador claro que garanta a competencia leal entre os sectores do taxi e das VTC e os dereitos dos usuarios.
Un novo estudo sobre a distribución xenética de máis de 1.400 individuos de toda España demostra que os patróns xenéticos en individuos modernos foron moldeados polos movementos de poboación dos últimos mil anos. Ademais, o novo traballo de investigación desenvolvido por investigadores das universidades de Santiago e Oxford mostra que nalgunhas rexións existen patróns discernibles de diferencias xenéticas entre individuos que viven a unha distancia de dez quilómetros. Este equipo internacional analizou mostras de ADN de máis de 1.400 persoas para xerar o primeiro mapa xenético a escala fina de España e comprender el impactos da migración en España na poboación actual.
Coa próxima apertura de estes novos recursos a prol da conciliación, Galicia contará con 61 casas niño situadas en distintos concellos de menos de 5000 habitantes. Respecto ao emprazamento das novas unidades, 7 delas se situarán na provincia da Coruña, concretamente nos municipios da Capela, Aranga, Irixoa, Monfero, Santiso, Vilarmaior e Vilasantar. Tres na provincia de Lugo, en O Paramo, Rábade e Triacastela e, as outras cinco restantes, nos concellos de Petín, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras e Vilardevós na provincia de Ourense. Non houbo solicitudes por parte dos tres concellos de Pontevedra que podían optar a este recurso.
Galicia conta xa cunha Estratexia de cambio climático e enerxía co fin de que a comunidade sexa o antes posible neutra en emisión de gases de efecto invernadoiro. Trátase dunha folla de ruta a longo prazo co obxectivo de alcanzar a neutralidade climática en 2050, traballando en catro ámbitos específicos de actuación. As emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia estímanse no ano 2016 en 27,9 millóns de toneladas de CO2 -un 4,7% por debaixo do ano 1990 e un 22,4% por debaixo do ano 2005-, e presentan un comportamento máis favorable que as emisións do conxunto de España no mesmo período.
Converter a astronomía nunha cuestión ao alcance de todos os públicos. Así define o seu obxectivo principal o proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos (A Astronomía ao alcance de todos: colaboración Universidade-Concello-Organismos Públicos e Empresas), co financiamento da FECYT na terceira edición.
Ramón Villares, o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), visitou os talleres ocupacionais da asociación lucense Aspnais que conmemora o seu 50º aniversario cunhas xornadas semanais de portas abertas e un amplo programa de actividades.
Trátase dun proxecto innovador, que abarca a toda a comunidade educativa e que incide, sobre todo, na educación emocional, na educación social e na creatividade. A iniciativa desenvolverase ao longo de tres anos en catorce centros de Galicia, coa participación de 176 profesores e máis de 2.800 alumnos de entre tres e 16 anos.
O Gaiás acolle a finais de setembro o Spin 2016, no que participarán 100 universidades de España, Portugal e América Latina, asistirán 2.000 persoas de 20 países diferentes e no que 150 proxectos empresariais e startups recibirán apoio. O evento incorpora premios por valor de 100.000 euros. Inclúe o foro SmartMoney4Stars con fondos de capital risco e business angels.
Galego de adopción, bautizou as substancias que descubriu con nomes como santiaguina, pontevedrina, orensina e coruñina. O químico Ignacio Ribas está considerado un gran valedor dos produtos naturais autóctonos, moi reivindicativo co financiamento da ciencia e a conexión entre a investigación e a empresa. Colaborou en Zeltia e no Instituto Servet.
Esquerda Unida, unha vez máis, recorda a aberración acontecida na comarca de Monterrei pola teima da Xunta de Galicia de seguir a especular co ben común, esta vez, mediante a construción dun hotel de luxo no Castelo de Monterrei, toda unha agresión inxustificable ao Patrimonio cultural.
Este proyecto de Lugo Monumental en colaboración con el Obispado, La Voz de Galicia y Chencho Pardo, intenta que Lugo sea el referente del inicio del Camino Primitivo. Lugo tiene la vertiente religiosa como Ciudad del Sacramento, y la geográfica como 1ª población que está a más de los 100 kilómetros requeridos para la Compostela.
Presentouse unha nova edición de Lingua de Namorar, o concurso de mensaxes de amor dirixido á xuventude que ten como obxectivo principal dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e nas comunicacións que se producen entre as mozas e os mozos nos diferentes sistemas de mensaxería instantánea.
As Xornadas de cocido de Entroido Estase Cocendo, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e o Turismo de Lugo, como mostra da fortaleza culinaria e turística da Ribeira Sacra, concentran ata o 13 de marzo a que xa é unha tradición gastronómica nesta zona do interior da provincia de Lugo.
A parlamentaria do BNG, Montse Prado defendeu unha Proposición non de lei para demandar actuacións da Consellería de Sanidade contra os colapsos nos servizos de Urxencias provocados pola política de recortes humanos e de recursos aplicada polo Goberno galego do Partido Popular (PPdeG).