Noticias

A Xunta anuncia a inminente publicación de novas convocatorias de oposicións para cubrir 847 prazas de emprego público

A Xunta de Galicia realizará de xeito inminente a convocatoria de novas oposicións para cubrir un total de 847 prazas de emprego público na Administración galega. Estas 15 convocatorias serán publicadas no prazo máximo dun mes no Diario Oficial de Galicia (DOG), e desde ese momento abrirase un prazo para que as persoas interesadas poidan apuntarse. O director xeral da Función Pública, José María Barreiro, anunciou hoxe a posta en marcha duns procesos para o acceso á Xunta de Galicia “sen precedentes nas últimas décadas”. Neste sentido, recalcou que a totalidade dos procesos que se convocan serán de acceso libre.

O director xeral da Función Pública, José María Barreiro, anunciou hoxe a posta en marcha duns procesos para o acceso á Xunta de Galicia “sen precedentes nas últimas décadas”. Neste sentido, recalcou que a totalidade dos procesos que se convocan serán de acceso libre -coa reserva obrigatoria de prazas para a promoción interna que establece a lei-, polo que se poderá presentar calquera persoa que cumpra os requisitos da convocatoria, e o sistema de cobertura será a través de concurso-oposición.

Nunha rolda de prensa, Barreiro detallou cales serán as oposicións máis relevantes. En primeiro lugar, a Xunta de Galicia convocará 305 prazas para auxiliares de clínica, con obxecto de reforzar principalmente os centros de política social, atención a maiores, ou dependentes. O requisito para poder participar nesta convocatoria será a titulación de Formación Profesional habilitante para exercer esta profesión sanitaria.

A Consellería de Facenda tamén convocará 269 prazas para reforzar outro servizo prioritario, o de Prevención e Extinción de Incendios Forestais. Neste eido, a Xunta realizará convocatorias para tres categorías distintas: 102 prazas de condutor, 92 de bombeiro-forestal e 75 de emisoristas-vixiantes. A titulación requirida para poder participar nestas oposicións será o título de ESO ou equivalente.

En terceiro lugar, a Xunta de Galicia convocará de xeito inmediato 208 prazas de persoal subalterno, é dicir, empregados públicos que traballan nas consellerías da Xunta, en centros educativos ou tamén en centros do ámbito dos servizos sociais. Na práctica totalidade das prazas non se precisará titulación específica para poder participar.

Ademais, convócanse 54 prazas para o ámbito da seguridade e saúde no traballo, a través de sete oposicións en distintas especialidades. E, finalmente, haberá outras 11 prazas para dúas escalas de alta cualificación: sete prazas nas escalas de estatística e outras catro na escala de letrados da Xunta, responsables da defensa xurídica da Comunidade Autónoma.

O director xeral explicou que, unha vez trasladadas as convocatorias aos órganos de representación sindical, a Xunta publicará no DOG cada unha destas 15 oposicións. Desde que se publique a convocatoria ata a realización da primeira proba haberá un prazo mínimo de seis meses, para que as persoas inscritas poidan anotarse e preparar as probas e para que a Administración galega poida organizar os dispositivos necesarios.

Agárdanse milleiros de persoas

José María Barreiro informou de que a Xunta agarda unha participación masiva nas probas, dado o importante volume de prazas nas principais convocatorias. Isto obrigará á Administración autonómica a realizar un esforzo de loxística coa mobilización de milleiros de persoas, incluíndo as persoas que se presentan ás oposicións, os membros dos tribunais e o persoal da Xunta responsable da organización e supervisión dos exames.

De feito, o responsable da Función Pública destacou que unha parte destas probas vanse realizar no recinto feiral de Silleda, dado que este espazo cumpre os requisitos de centralidade e seguridade necesarios para desenvolver con éxito as oposicións. Finalmente, Barreiro avanzou que a Xunta mantén o compromiso de aprobar neste primeiro trimestre do ano a Oferta de Emprego Público para 2019, e avanzou que nos vindeiros meses seguiranse convocando novas oposicións para o acceso á Administración galega.

R., 2019-02-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES