
Con respecto ás probas diagnósticas realizadas entre xaneiro e decembro de 2018 nos centros do Servizo Galego de Saúde, o balance de actividade recolle 3.513.735 probas respecto ás 3.464.363 de 2017 (49.372 máis). A meirande parte da actividade de probas diagnósticas concéntranse nas radioloxías convencionais, ecografías, TAC e resonancias magnéticas que supoñen o 67% do total.
No referido aos ingresos nos centros hospitalarios rexistráronse 243.515 ingresos en 2018, 2.493 máis que no ano anterior e mantense a tendencia descendente do tempo medio de estancia nos hospitais do Sergas, con 7,76 días a finais do 2018.
En canto a actividade dos hospitais de día, realizáronse durante o ano pasado 303.834 sesións, o que supón un aumento de 14.644 respecto ao ano 217. Respecto a hospitalización a domicilio o balance de 2018 rexistra 6.128 ingresos.
Consulta telefónica
O Servizo Galego de Saúde realizou o pasado ano un total de 26.601.377 consultas en atención primaria, das que 2.835.102 (276.625 máis que durante 2017) foron por teléfono, evitándolle ao paciente o traslado ao seu centro de saúde. Isto quere dicir que o 9,63% das consultas de atención primaria do ano pasado realizáronse por vía telefónica, chegando ao 14,75% no caso dos médicos de familia. A práctica totalidade destas citas, o 99,88% puideron resolverse por teléfono. A solicitude dunha cita telefónica realízase polo mesmo procedemento que unha cita presencial, ben sexa por teléfono, internet ou no propio centro de saúde.
O programa Conecta 72 en atención primaria, que garante a continuidade dos coidados dos doentes con alta hospitalaria, contabilizou 202.693 consultas durante o ano 2018, cunha porcentaxe de pacientes contactados do 91,86%. Conecta 72, comezou a funcionar en abril do ano 2015. Dende entón, no momento de dar a alta hospitalaria a un paciente xérase de forma automatizada unha cita na axenda de enfermería de atención primaria, de tal xeito que reciba nas 72 horas seguintes unha consulta telefónica.
No referente ás consultas hospitalarias, durante o pasado ano leváronse a cabo 5.302.490, das que 141.789 foron non presenciais respecto as 106.767 do ano 2017 (35.022 máis) e que permiten que o paciente reciba a atención con todas as garantías e calidade sen ter que desprazarse ao hospital.
Decreto de tempos máximos
Coa entrada en vigor do Decreto de tempos máximos para 108 tipos de patoloxías, 26 probas diagnósticas ou terapéuticas e sete vías rápidas, 43.550 persoas beneficiáronse da garantía establecida. Todos os casos obtiveron resposta dentro da rede pública do Servizo Galego de Saúde e ningún tivo que ser derivado aos centros concertados. O decreto de tempos máximos de atención sanitaria hospitalaria programada e non urxente de dous meses fixa unha espera de 60 días naturais para intervencións cirúrxicas. O texto normativo tamén fixa un máximo de 45 días para as primeiras consultas externas e 45 días para as primeiras probas diagnósticas ou terapéuticas.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.