//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Galicia viviu un inverno cálido e seco, con temperaturas medias que se situaron por riba dos valores esperados e un déficit de precipitacións de case o 30% con respecto ao habitual nesta época do ano. Así se conclúe no informe estacional elaborado por MeteoGalicia, no que se comparan os rexistros de temperatura e chuvia dos últimos tres meses co período histórico de referencia 1981-2010. Concretamente, a estación caracterizouse en Galicia por presentar unhas temperaturas máis elevadas do habitual, especialmente polo que respecta ás máximas, que rexistraron valores altos, mentres que as mínimas se mantiveron dentro da normalidade.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a creación das medallas Emilia Pardo Bazán, que inician a súa tramitación e distinguirán as persoas e/ou institucións que coa súa traxectoria ou labor contribuísen e destacasen no desenvolvemento de accións relevantes en favor da igualdade entre homes e mulleres na nosa Comunidade. Deste xeito Galicia quere demostrar a súa gratitude a quen, a través da súa loita pola igualdade constrúe unha sociedade galega mellor para as xeracións que están por vir e ademais recoñecer a traxectoria de todos e todas os que traballan para erradicar as desigualdades de xénero que aínda persisten.
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia ofrece esta semana o seu tradicional ciclo Olladas de muller, organizado cada ano en colaboración co Consello da Cultura Galega para conmemorar o Día da Muller. Entre o 6 e o 9 de marzo, a sede coruñesa da cinemateca proxectará oito películas dirixidas por realizadoras galegas e portuguesas para dar conta das últimas tendencias do cine que se está a facer a ambas beiras da raia. A cita arrancará o mércores ás 18,00 h. con Arte+muller+Galicia, unha proposta da experimentada comisaria de arte Rosario Sarmiento sobre a historia recente deste medio en Galicia, contada polas voces das mulleres que marcaron a creación contemporánea nas últimas décadas.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial. Na súa primeira edición, estes galardóns premiarán os estudantes que obtiveron as mellores cualificacións no 2017/18 no Sistema Universitario de Galicia (SUG) en cada un dos cursos de grao, agás o último. O orzamento total da convocatoria ascende a 440.000 euros e cada persoa que resulte premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción. Concederase un premio por cada titulación oficial de grao ao alumnado que finalizase os estudos de 1º, 2º e 3º curso.
Desde o venres día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2019/20, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles/as alumnos/as de Educación Infantil, de Educación Primaria de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles. O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no DOG. Tal como queda reflectido na dita Orde, a solicitude de admisión poderase presentar ata o 20 de marzo.
19.000 persoas se beneficiarán dun aumento na súa prestación de dependencia a partir da nómina correspondente ao mes de abril. En concreto, o aumento das contías será dun 10% para aquelas persoas que teñen a súa autonomía limitada e que son coidadas na casa por un familiar, dun 15% na axuda para contratar a un asistente persoal e no caso das achegas para pagar unha praza de residencia estas subirán un 20% para as dependencias de grao I e III, e un 75% para as dependencias de grao II. O Servizo de Axuda no Fogar se multiplicou por dez a súa extensión desde 2009 e hoxe son preto de 23.500 as persoas beneficiarias, igual que o programa Xantar na Casa, que leva o menú diario a máis de 1300 maiores.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional lanza o II macrocuestionario on line sobre convivencia nas aulas, co fin de actualizar os datos obtidos na primeira edición deste cuestionario elaborado a finais de 2015 e que no seu momento serviu para obter, por primeira vez, unha radiografía da situación dos centros escolares de Galicia. Trátase, por tanto, de testar o pulso da convivencia de xeito continuado no tempo e coñecer a súa evolución, co obxectivo último de deseñar medidas específicas a prol da convivencia escolar que sexan o máis axeitadas á realidade existente.
A Consellería de Sanidade vén de presentar aos profesionais de todas a categorías que participaron nos grupos de mellora o borrador do novo modelo de Atención Primaria para os 25 vindeiros anos, que recolle un total de 175 accións a desenvolver a curto, medio e longo prazo, definidas en seis liñas estratéxicas e 45 obxectivos concretos. Do total das accións a desenvolver, 75 defínense a curto; 53 a medio e 47 a longo prazo. Trátase dun ambicioso documento, froito dun traballo multidisciplinar e participativo no que colaboraron profesionais sanitarios, colexios profesionais, asociacións de pacientes e cidadanía, e no que a Consellería de Sanidade e o Sergas avogaron por adoptar decisións compartidas.
A Cidade da Cultura de Galicia convida aos amantes do entroido a disfrazarse de roqueiras e roqueiros e gozar dun baile especial coa música en directo da banda infantil A Gramola Gominola, unha festa para toda a familia que terá lugar o luns 4 de marzo ás 17.30 horas no Museo Centro Gaiás. A estética do rocknroll, coas súas cazadoras de coiro, pantalóns axustados, chatolas ou topetes, convértese desta volta no tema do baile que a Cidade da Cultura organiza polo entroido desde fai catro anos e que, en edicións anteriores, se ten dedicado ás xentes do mar, á cultura chinesa ou aos diferentes xeitos de celebrar estas festas ao longo do mundo.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias - AGACA- organiza no mercado de Abastos de Santiago de Compostela a exposición "Espazos Efémeros de Emprendemento" no marco do proxecto Interreg PocTep LACES. Cun formato de tenda 'pop up' desenvolverase durante seis fins de semana de febreiro a xullo, en xornadas de venres e sábado. A exposición Espazos Efímeros de Emprendemento comeza o venres 22 de febreiro en horario de 9.15 a 15.00 horas. O obxectivo desta actividade é ofrecer aos proxectos e empresas da economía social que se atopan en fase de creación ou consolidación unha experiencia real de venda e conseguir unha importante aprendizaxe que lles axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
Milagros Otero está preocupada pola ausencia de convocatorias de cátedra que pode afectar á calidade do ensino e da investigación no ámbito da universidade, que ten no seu capital humano o seu eixo fundamental.
O evento celebrarase os días 11 e 12 marzo no balneario de Laias e no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Obra Social la Caixa, pon en marcha esta iniciativa co fin impartir obradoiros de xornalismo entre os escolares de 3º e 4º da ESO nos institutos de educación secundaria de Galicia.
Ourense y Guadalajara experimentan el mayor aumento en puntuación. Navarra, Galicia y Asturias son las comunidades autónomas mejor valoradas. Barcelona, la provincia que genera más opiniones online.
Presentouse a axenda cultural do Concello de Santiago para marzo de 2016 en que se programa o 30 aniversario de Matarile Teatro, a entrega dos Premios do Auditorio de Galicia e estrea da exposición dos seleccionados, o novo espectáculo de Producións Excéntricas e os concertos de Diego El Cigala e Ses.
A directora berlinesa participa na Coruña o 4 e 5 de marzo como parte do ciclo organizado en colaboración co Festival de Cine Europeo de Sevilla e La Casa Encendida. O CGAI ofrece especiais sobre creadoras galegas, Charles Burnett, a historia da animación española, a actriz María Casares e Renoir.
Galicia se define en tres palabras: buena gente, comida y amabilidad, indica Diego, ilusionado por ser maestro de ceremonias en un día tan especial rodeado de amigos. El protagonista del famoso canal Viajando con Diego abrirá oficialmente el III Día Internacional del Cocido, el 27 de febrero.
A visita será efectuada por un grupo de usuarios e o equipo directivo da
Asociación lucense de país e titores de persoas con discapacidade
intelectual -Aspnais- para coñecer de preto as instalacións e realidade
desta senlleira empresa lucense.
Os traballos teñen por obxecto mellorar a suxeición da cuarcita das fachadas e acométense agora que os edificios aínda están en garantía e, polo tanto, as obras non teñen custo para a Xunta. A Fundación destaca que se adoptaron todas as medidas para garantir a seguridade dos traballadores e visitantes.
O presidente da Asociación Española de Medicina Interna, Emilio José Casariego, será o pregoeiro da Semana Santa de Viveiro nesta edición de 2016, según consta no programa de difusión cultural Adral elaborado pola Xunta de Cofradías para os días comprendidos entre o 27 de febreiro e o 19 de marzo.