
O sábado, 19 de marzo, Viveiro acolle o pregón da Semana Santa 2016 a cargo do presidente da Asociación Española de Medicina Interna, Emilio José Casariego. Será nun acto previsto ás 20:30h no Teatro Pastor Díaz e contará co complemento musical a cargo da Coral Polifónica Alborada, tamén de Viveiro.
O programa de difusión cultural da Semana Santa comeza o 27 de febreiro co CI Certame de Bandas que ten un carácter benéfico a prol de Cáritas. Interveñen a Banda Tau, a Banda Naval de CCTT dp Casino, a Banda Nª Señora da Misericordia, a Agrupación Musical Virgen del Carmen de Ferrol e a Agrupación Musical Cofradía del Dulce Nombre de Jesús Nazareno de León.
Continúa o programa o 2 de marzo na Igrexa de Santa María coa conferencia organizada pola Adoración Nocturna de Viveiro a cargo de Cecilio Raúl Berzosa, sobre "A Eucaristía, fonte e sistento da Misericordia". O xoves 3 de marzo e o sábado 5 de marzo, de novo a música é a protagonista cun concerto dos Grupos de Vento do Conservatorio de Viveiro e outro da Orquestra de nenos da Sinfónica de Galicia ás 20:30h no Salón Multiusos do Concello e ás 19:30h no Teatro Pastor Díaz, respectivamente.
A Orquestra de corda do Conservatorio de Viveiro acompañada da soprano solista Mariví Maragoto, e o Concerto de Música Relixiosa do Século XX pola Banda Municipal de Música de Viveiro centran as actividades dos días 11 e 12. O martes, 15 de marzo, preséntase a revista "Pregón" e inaugúrase a exposición: "Sacramentos, Cauces da Misericordia" na Biblioteca Municipal, coa presenza do administrador diocesano da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, Antonio Rodríguez Basanta.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.