
A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, iniciou unha investigación para coñecer a situación na que se atopan os profesores acreditados a catedráticos e titulares no ámbito do Sistema Universitario Galego así como os problemas de cobertura de prazas docentes que están a producir descontento na comunidade universitaria. No marco da actuación, a valedora diríxese aos tres reitores galegos co obxecto de recadar datos que permitan coñecer as previsións coas que se traballa na nosa comunidade para cubrir esa demanda de cátedras, paralizada na actualidade, e garantir a calidade da docencia e da investigación.
Tal e como indica Milagros Otero no seu escrito, a situación non debería prolongarse máis no tempo , xa que podería chegar a afectar de xeito irreversible á calidade da ensinanza universitaria e ó dereito a desenvolver unha una carreira académica equilibrada y coherente dos profesionais. Desde a institución enténdese que o capital humano da Universidade os seus estudantes, profesores e persoal de administración e servizos- ten sido sempre e debe seguir sendo eixo fundamental sobre o que aséntase a Universidade, indica a valedora do pobo, que engade que, polo mesmo, debe ser especialmente protexido, sen que iso supoña, loxicamente, descoidar as súas outras necesidades.
Coñecer a planificación
A institución do Valedor do Pobo abriu unha actuación de oficio para recadar das tres universidades galegas datos que permitan coñecer a situación actual e a planificación das necesidades docentes e investigadoras para mellorar, de xeito gradual pero constante, a política de profesorado. Estamos nun contexto de restricións orzamentarias que entendemos, sen embargo aínda neste caso, a prioridade debe ser a calidade da docencia e da investigación como razón de ser das institucións universitarias, por encima doutros capítulos de gasto, indica a alta comisionada parlamentaria.
Tal e como lembra a institución do Valedor do Pobo, a Lei Orgánica de Universidades, que desenvolve o contido esencial do dereito á educación superior, declara na súa exposición de motivos que o profesorado é a pedra angular da Universidade. Neste sentido adopta medidas consideradas prioritarias para a comunidade universitaria, garantindo os principios de igualdade, mérito e capacidade na selección do profesorado funcionario e contratado, e articulando distintos mecanismos que para asegurar un ensino de calidade.
Existe na actualidade un sistema de selección máis aberto, competitivo e transparente, para mellorar a calidade a través dun proceso de habilitación que outorga prioridade aos méritos docentes e investigadores dos candidatos, garante a obxectividade nas probas de selección do profesorado e respecta a autonomía das Universidades ao establecer estas os procedementos de acceso aos corpos docentes dos profesores que fosen habilitados, segundo a súa programación e necesidades.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.