
O VI Congreso Galego de Xestión Deportiva 2016, organizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Galega de Xestores Deportivos (Agaxede), tratará un tema innovador e actual como é poñer en relación e valor Deporte e Termalismo. O acto de presentación do evento tivo lugar no Pazo Provincial onde estivo presente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente de Agaxede, Eduardo Blanco; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e o representante de Caldaria, Alberto Canal.
Rosendo Fernández destacou durante a presentación que referirse a deporte e termalismo é falar dun binomio fulcral para a provincia de Ourense, e engadiu: Colaboramos con Agaxede na organización deste congreso con tres obxectivos básicos: consolidar o termalismo deportivo como un foco de creación de emprego en Ourense e en Galicia; debater sobre as novas expectativas e ámbitos de actuación do termalismo implicado no sistema deportivo, e para dar a coñecer a importancia social, económica e a implicación do termalismo no deporte, facendo un especial fincapé no espectacular abano de posibilidades que ofrece esta interesante simbiose.
O presidente de Agaxede asegurou que hoxe en día a persoa que vai a un centro de termalismo, ademais de pasar duns días de ocio e de darse tratamentos, ten interiorizado ese hábito de práctica deportiva e vai a solicitar algunha outra actividade complementaria que están relacionadas coa ubicación do centro.
O congreso desenvolverase o día 11 de marzo en xornada de tarde no balneario de Laias, e o día 12 de marzo en xornada de mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, convertendo a Ourense na capital do termalismo deportivo. No desenvolvemento do congreso, tamén colaboran o Concello de Ourense e a Asociación Galega de Balnearios, entre outras entidades e institucións. Asemade no marco do congreso o venres, 11 de marzo, celebrarase a Asemblea Xeral da Asociación Galega de Deporte para Todos.
Eduardo Blanco recordou que non se trata do primeiro congreso que a asociación realiza en Ourense pero entendíamos que se iamos a facer fronte a esta temática non podíamos facelo noutro lugar de Galicia que non fose Ourense, a pesar de que nos faltan outras cidades que visitar porque o congreso se realiza cada dous anos sen lugar a dúbida, se falamos de termalismo e deporte, Ourense é o lugar propio.
Pola súa banda, Alberto Canal sinalou que hai unha simbiose perfecta entre termalismo e deporte, nós vímolo demostrando ao longo dos dous últimos anos coa posta en marcha do Centro de Entrenamento de Alto Rendemento (CERLAC) de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño, e engadiu, é un proxecto deportivo que situou a Ourense, e en concreto a Laias, no mapa mundial do deporte e co referente do termalismo detrás.
A temática do congreso (Deporte e Termalismo) é un tema innovador e estamos ante un nicho de nova actividade, destacou Eduardo Blanco. Debido á especial temática do congreso vai dirixido a empresas de termalismo, empresas de turismo activo e turismo rural, clubes e federacións deportivas, empresas de servizos deportivos, persoal con responsabilidades directivas, profesionais de ciencias da actividade física e o deporte, fisioterapia, turismo e, en xeral, a calquera con interese no ámbito da xestión de centros termais e/ou deportivos do ámbito público ou privado.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.