
O IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, foi o escenario do comezo dos obradoiros de Xornalismo na Escola, iniciativa organizada polo Colexio de Xornalistas e a Obra Social la Caixa coa que se trata de amosar aos alumnos de 3º e 4º da ESO a importancia da figura do xornalista, o funcionamento dos medios de comunicación, determinar que é e que non é información, entre outros temas
Durante os meses de marzo, abril e maio, seis xornalistas colexiados do CPXG, impartirán ata un total de 60 talleres, de 90 minutos de duración cada un, entre IES de toda a comunidade. Calcúlase que a iniciativa chegará a uns 2.400 rapaces e rapazas de centros de educación secundaria situados en poboacións cun número de habitantes reducido. Lugares como Arteixo, Arzúa, O Barco, Barro, Cambre, Monforte, Muros, Negreira, Sada ou Salvaterra son algunhas das localidades ata onde chegarán os talleres.
Juan Modesto del Río, Jesús Manuel García, Olalla Liñares, Rebeca Romero, Mayte Silva e Víctor Sariego son os seis xornalistas encargados de impartir os obradoiros e de elaborar a unidade didáctica que se impartirá neles. Juan Modesto del Río, licenciado en Xornalismo pola USC, traballou, entre outros medios, en La Voz de Galicia e varias televisións locais, ademais de colaborar na Televisión de Galicia e na Radio Galega. Jesús Manuel García, licenciado en Ciencias da Información pola Complutense de Madrid, traballou en La Voz de Galicia, Antena 3 Radio e Radiovoz Valdeorras. Olalla Liñares, graduada en Xornalismo pola USC, traballou como bolseira na Secretaría Xeral de Medios da xunta de Galicia, Radio Galega, Radio Negreira e colaborou con medios como España Exterior ou Compostimes. Rebeca Romero, licenciada en Xornalismo pola USC, traballou en gabientes de comunicación, en diferentes medios como La Voz de Galicia, Axencia EFE ou Infolibre e nestes últimos anos estivo en latinoamérica desenrolado a súa carreira profesional. Mayte Silva, licenciada en Xornalismo pola USC, desenvolveu a meirande parte da súa traxectoria profesional en gabinetes de comunicación como no Concello de Lugo ou na Xunta de Galicia. Víctor Sariego, licenciado en Xornalismo pola USC, traballou en Oviedo TV, no xornal ovetense La Capital, El Progreso Asturiano, Diario de Pontevedra, Xornal de Galicia, así como noutras publicacións.
Este proxecto foi posible grazas a un acordo acadado a finais do ano pasado entre o Colexio de Xornalistas e a Obra Social la Caixa. Asemade, a Obra Social la Caixa está a levar esta iniciativa noutras cidades e comunidades autónomas, onde xa fai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid, son algúns deses lugares onde se ven celebrando talleres de similares características.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.