Noticias

A Xunta porá en funcionamento na primavera un distintivo obrigatorio para facilitar a identificación dos vehículos VTC

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, interveu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento de Galicia, onde avanzou que a Xunta porá en funcionamento na primavera un distintivo obrigatorio para facilitar a identificación dos vehículos VTC. Ignacio Maestro reiterou que o Ministerio de Fomento debe establecer un marco regulador claro que garanta a competencia leal entre os sectores do taxi e das VTC e os dereitos dos usuarios.

Non obstante, subliñou que a Xunta segue traballando, no marco das súas competencias, para contribuír a unha convivencia harmónica entre os citados colectivos.

Fixo fincapé en que o Goberno galego vén apostando dende hai anos pola regulación deste sector, mediante medidas como a Lei de transporte de vehículos de turismo, do ano 2013 e o seu regulamento, do 2018.

Explicou que estas normas, celebradas polo sector, concretan a creación dun rexistro informático de títulos habilitantes, xa activo. Precisou que inicialmente recolle aos taxis, por ser moito máis ampla a súa presenza, pero se estenderá ás VTC.

Concretou que esta ferramenta facilitará as tramitacións e xestión do taxi, pero ao ser licenzas municipais precisa da colaboración activa dos concellos, razón pola que se está desenvolver un labor de formación e colaboración cos concellos.

Lembrou que o Goberno galego leva tempo colaborando coa Garda Civil e coa Policía Local para inspeccionar e controlar o cumprimento da lei polos taxis e polas VTC.

R., 2019-02-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES