Notas de prensa

Compostela aporta 220.000 euros para a realización dos fogos do Apóstolo e 140.000 ao festival Cineuropa

O Consorcio de Santiago celebrou a Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Ademáis de varios convenios culturais, deuse luz verde ás bases de acceso ao curso de posgrao da Escola de Altos Estudos Musicais para o curso académico 2016-2017.

No transcurso da xuntanza aprobouse un convenio co Concello de Santiago para a realización dos fogos do Apóstolo, aos que o Consorcio destinará 220.000 euros. Por outro lado, continúa a colaboración co Auditorio de Galicia en relación ao festival de cine Cineuropa, que este ano celebra o seu 30º aniversario e contará cunha partida de 140.000 euros.

Co fin de apoiar diferentes actividades culturais na cidade, aprobouse un convenio co Auditorio de Galicia, por unha cantidade global de 230.000 euros. Esta colaboración inclúe a temporada de teatro e danza, a realización de exposicións, iniciativas vencelladas ás artes plásticas e eventos musicais de diferente estilos (dark cabaret, música francesa e belga, soul europeo e americano, electrónica, rock alternativo, novos talentos do Brasil, música contemporánea…), o 9º premio Auditorio de Galicia para novos artistas, conferencias e lecturas performances; xunto coa programación didáctica e familiar prevista para este ano, a programación de verán e outras iniciativas que se celebrarán durante 2016 tanto no eido musical como no das artes escénicas e visuais.

18 prazas para o curso de posgrao da EAEM

Aprobáronse as bases de acceso ao Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) da Escola de Altos Estudos Musicais para o curso académico 2016-2017. Trátase dun título propio de posgrao da Universidade de Santiago. Para esta nova edición ofrécense 18 prazas: 6 para a especialidade de violín, 2 para viola, 2 para violoncello, e 1 para contrabaixo, óboe, frauta, clarinete, fagot, trompa, trompeta e percusión.

Poderán acceder ao mesmo instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión dunha titulación superior. As solicitudes deberán presentarse, unha vez publicada a convocatoria, ata o 20 de maio a través da páxina web da escola -www.eaem.es- e as probas de acceso terán lugar en xuño.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2016-01-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES