Noticias

Galicia bate os seus récords de doazóns e transplantes de órganos e acada as 354 intervencións durante o ano 2018

O Servizo Galego de Saúde acadou no pasado ano 2018 unha cifra récord de 354 transplantes de órganos nos seus hospitais, a máis elevada desde que se iniciou a actividade transplantatoria en Galicia. Do total de transplantes, 170 foron de ril; dos cales 31 procedían de doante vivo, 124 de fígado, 2 de páncreas, 25 de corazón e 33 de pulmón. Salientar que, desde que se realizou o primeiro transplante, no ano 1981, ata o 31 de decembro de 2018, xa se levan feitos en Galicia un total de 7.942 transplantes de órganos.

Os resultados do ano 2018 poñen de manifesto a importancia en Galicia do programa de transplante de ril de doador vivo, cuns resultados moi superiores á media nacional, realizando un total de 31 intervencións no pasado exercicio. Desde 2001, realizáronse un total de 310 transplantes neste apartado. O 19% do total de transplantes de ril en Galicia procede de doador vivo. Ademais, as taxas de transplante de corazón, fígado e pulmón atópanse por riba de media nacional.

Doadores de órganos

O número de doadores de órganos cadáver en Galicia se situou en 116 (70 na provincia da Coruña, 14 na de Lugo, 3 na de Ourense e 29 na de Pontevedra); dato co que Galicia rexistra o mellor ano en número de doantes nun exercicio, o que supón que haxa 43 doantes por millón de habitantes.

No que atinxe ás causas de morte dos doantes, os motivos principais foron os accidentes cerebro vasculares (69%), sendo a porcentaxe de doadores por accidente de tráfico de tan só un 4%. Con respecto á idade media do doador, foi de 61,1 anos.

A taxa de negativas familiares situouse o pasado ano 2018 nun índice de 16,5%, a cifra máis baixa desde o inicio da actividade transplantatoria e que rexistra unha diminución de cinco puntos con respecto ao ano anterior. Así mesmo, salientar que, actualmente, en Galicia 111.565 persoas teñen tarxeta de doador. Destas, 3.916 son novas tarxetas realizadas no 2018 pola Coordinación de Transplantes de Galicia de ADOS.

Polo que se refire á doazón de medula ósea, salientar que Galicia acadou o obxectivo establecido polo Plan Nacional de Medula Ósea, rexistrando 1.076 novos doadores. Deste xeito, Galicia conta con preto de 11.000 doadores de medula ósea rexistrados, o que supón un incremento de preto do 25% desde a posta en funcionamento do Plan Nacional.

Programa educativo

Doutra banda sinalar que a Coordinación de Transplantes de Galicia realizou 104 charlas a escolares no curso académico 2017-2018 para fomentar a doazón e nas que tomaron parte un total de 5.010 escolares. Así mesmo, desenvolveuse o Plan Proxecta: Educando en Valores, que abrangueu a 625 escolares e 39 profesores. A este programa engádense as visitas guiadas ata as instalacións de ADOS nas que tomaron parte 23 centros de ensino secundario e universitario e no que participaron 567 estudantes.

Ademais, convocouse, no pasado curso escolar, o III Concurso Universitario de Curtametraxes sobre doazón e transplante de medula ósea, e a primeira edición do Concurso de Carteis para Escolares relacionado coa doazón e o transplante. Ambos certames terán lugar novamente este ano así como a VI edición do Concurso de Curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e o transplante.

Actividade formativa

A Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS continuou a desenvolver, ao longo do pasado ano, o programa de formación especializado en doazón e transplante de órganos para os profesionais do sistema público de saúde de Galicia. Mediante o desenvolvemento de tres seminarios de comunicación de malas noticias no proceso de doazón e tres cursos sobre proceso de doazón e transplantes, nos que se ofrece unha formación altamente especializada a 90 profesionais sanitarios. Salientar ademais o curso en doazón en asistolia controlada para persoal de Anestesia coa colaboración da Sociedade Galega de Anestesia e Reanimación e o primeiro curso de doazón e transplantes para MIR de primeiro ano en todos os hospitais galegos.

O Servizo Galego de Saúde e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) queren facer un recoñecemento público aos doadores e ás súas familias, pola valentía, a fortaleza e a xenerosidade que amosan neses momentos difíciles. Tamén queren agradecer ao conxunto da sociedade e dos profesionais dos hospitais galegos, xa que son os que posibilitan que as cifras de transplante se manteñan en Galicia.

R., 2019-01-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES