
Neste proxecto, aberto ás incorporacións que poidan producirse, van participar poetas, narradores, comunicadores, fotógrafos, activistas sociais (mesmo diversas autoridades lucenses) e artistas, que visitarán os talleres desta entidade nas Arieiras e na Rampa de Claudio López para coñecer de primeira man como traballan os usuarios desta asociación, superando a súa discapacidade intelectual con coñecementos, ilusión, traballo e constancia. E así, estas persoas incorpóranse á sociedade lucense fabricando mobles ou fregonas, decorando velas ou envasando produtos de industrias lucenses, tecendo alfombras ou coidando xardíns.
As dúas primeiras destas visitas en grupo vanse efectuar o xoves, 28 de xaneiro, pola mañá (a partir das 10:15) e pola tarde (a partir das 15:45), nun recorrido de arredor de dúas horas e media de duración, acompañados por usuarios e responsables de Aspnais.
Aínda que nestas visitas participan comunicadores relacionados cos diversos medios de comunicación, invítase a todos os medios que o desexen a acudir a Aspnais, con tal motivo, tanto mañá como os próximos 3, 18 e 24 de febreiro, tamén en turnos de mañá e tarde, para reflectir o decurso destas visitas e as opinións dos visitantes.
Cada visitante, con posterioridade, fará un balance da visita, cadaquén no seu eido de expresión, pretendendo facer con esas expresións artigos, poemas, fotografías, obras de arte
- exposicións colectivas que acheguen a actualidade de Aspnais a todos os lucenses.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.