//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras a reunión do Comité clínico de expertos sanitarios, que a Xunta proporá que as máscaras sexan obrigatorias en todo momento nas aulas para profesorado e alumnado de máis de seis anos, unha proposta sanitariamente correcta e epidemioloxicamente fundada. Feijóo ratificou que o que máis nos preocupa é a volta ás aulas e o protocolo do inicio do curso escolar, antes de engadir que o comité clínico revisará o protocolo elaborado en coordinación coas Consellerías de Educación e Sanidade para actualizalo, tanto en función da evolución da pandemia como co que se acorde na conferencia de presidentes, da que aínda non hai data de celebración.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comunicoulle está mañá ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, a vontade de Galicia para adherirse á aplicación de rastrexo Radar Covid que desenvolve o Goberno central. O responsable galego de Sanidade apuntou que a aplicación de rastrexo estatal engadirase ao sistema Passcovid, que neste intres está a testear na súa fase piloto a Xunta de Galicia, e que será completamente interoperable coa app estatal. Por medio dunha carta, o titular do departamento sanitario da Xunta Galicia, trasladoulle ao Ministro de Sanidade que a comunidade galega sumarase ao novo sistema de rastrexo e control a covid-19 -Radar Covid-, que vén desenvolvendo nos últimos meses o goberno de España.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.505, deles 921 son da área da Coruña, 113 da de Lugo, 131 da de Ourense, 75 da de Pontevedra, 139 da área de Vigo, 67 da de Santiago, e 59 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 permanecen en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.444 no domicilio. En Galicia hai un total de 11.625 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. O número de PCR realizadas é de 283.781. Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.
A Rede Galega de Praias sen Fume conta cun total de 162 areais pertencentes a 66 concellos. A evolución da rede, que iniciou a súa andaina no ano 2016 partindo duna iniciativa de sensibilización contra o tabaquismo do Concello de Baiona en 2012, está a ser moi significativa, pasando de 26 praias de 19 concellos en 2016, a 162 areais de praias pertencentes a 66 concellos na actualidade. Isto supón que o 31,9% das 508 praias galegas están integradas no programa, concretamente o 30,1% das marítimas (132 de 438) e o 42,9% das fluviais (30 de 70). Respecto do ano pasado, a participación incrementouse en 21 praias, un 14,9% máis que en 2019; e dous concellos máis, pasando de 64 a 66.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.400, deles 851 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, 114 da de Ourense, 70 da de Pontevedra, 139 da área de Vigo, 63 da de Santiago, e 53 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 57 en unidades de hospitalización e 1.338 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.608 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. O número de PCR realizadas é de 282.103.
Las consellerías de Educación y de Economía financian con 8,1 millones de euros esta contratación, para garantizar la formación inicial de los investigadores gallegos en el Sistema Universitario de Galicia.
Los contratos oscilarán entre los 22.900 y los 25.000 euros anuales por investigador en función de la modalidad, y hasta 6.000 euros más para estancias de tres meses en el extranjero y un complemento anual para gastos y seguros.
Deles, 778 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, 94 da de Ourense, 60 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 55 da de Santiago, e 51 da de Ferrol.
11.587 pacientes xa están curados, e a día de hoxe hai 1.231 pacientes en seguimento nos seus domicilios e 3 na Uci.
O número de PCR realizadas é de 280.185.
Dos casos activos actualmente, 544 son da área da Coruña, 93 da de Lugo, 60 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 118 da área de Vigo, 43 da de Santiago, e 29 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 40 en unidades de hospitalización e 897 no domicilio.
Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.506 persoas curadas, e 623 falecementos. A última persoa falecida foi un varón de 90 anos, ingresado no CHUO, con patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 272.115.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 827, deles 463 son da área da Coruña, 84 da de Lugo, 54 da de Ourense, 45 da de Pontevedra, 116 da área de Vigo, 45 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 35 en unidades de hospitalización e 789 no domicilio.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de autorizar a creación ou habilitación de 158 novas unidades (grupos de clase) en centros públicos de educación Infantil, Primaria e Educación Especial, o que levará consigo a incorporación de 240 novos mestres o vindeiro curso escolar. Con esta medida, refórzanse os medios destinados ao sistema educativo co obxectivo de garantir a calidade do ensino así como cumprir coas medidas establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio da actividade lectiva nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21.
En Marea reclámalle ao Goberno do Estado que interveña no proceso de venda do Pazo de Meirás canto antes para impedir que pase a mans de terceiros mediante a incorporación da Abogacía do Estado. En Marea saúda os consensos das comisións de expertos creadas que afirman que hai que recorrer aos tribunais para que o pazo pase ao patrimonio público.
Afundación se suma a la conmemoración del Día Internacional de la Mujer con actividades para todas las edades que incluye un ciclo de sesiones de cuenta cuentos y un ciclo de cine. Mujeres gallegas que destacaron en diferentes ámbitos como la literatura, la pintura o la ciencia protagonizarán el ciclo de cuenta cuentos para familias.
O mais grande de Galiza está até a cona" é o lema da campaña do BNG para o 8 de marzo. A voceira da formación nacionalista Ana Pontón xustifica que esta iniciativa rompe co politicamente correcto porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas. Unha campaña directa e contundente necesaria nun momento no que se repiten actitudes neomachistas.
Militantes da formación nacionalista encadeáronse e precintaron a porta do Pazo de Xelmírez nunha acción simbólica destinada a evitar o traslado destas estatuas. Estas esculturas estiveron expostas durante varios meses nunha mostra no Museo do Prado e no Pazo de Xelmírez e prevese que van ser devoltas á familia Franco sen que as administracións o impidan.
El Año Xacobeo es un acontecimiento que sucede poco más de diez veces en un siglo y que a sus motivaciones culturales, religiosas, históricas y tradicionales, suma la oportunidad de realzar el patrimonio español como escaparate. Estas medidas lo convertirán en un evento cultural, religioso, patrimonial y lúdico.
Pontón critica as campañas paternalistas porque as mulleres non queren ser o máis grande de Galiza, senón ter igualdade salarial. Apoio total á folga de mulleres convocada pola CIG para o 8 de marzo con paros laborais de dúas horas nos centros de traballo. O BNG propón consensuar unha Lei galega pola igualdade salarial para poñer fin á discriminación.
O Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei do PPdeG pola que se insta á Xunta a iniciar a elaboración dunha nova Lei de xogo que substitúa a normativa en vigor e actualice os seus preceptos recollendo as necesidades da sociedade, mantendo os controis que corresponden á Administración e na procura do que se considera un xogo responsable.
En Marea reclama á Xunta que regule a instalación de parques eólicos tendo en conta a repercusión real a nivel paisaxístico, patrimonial, medio ambiental e económico. Os megavatios chegan a Galicia pero o fan de xeito desordenado e baixo decisións unicamente dos beneficios das empresas, según denuncia En Marea.
No marco da reunión mantida o luns 12 de febreiro cos representantes sindicais, o Goberno galego propúxolles unha nova suba salarial. O seguimento da folga na Administración de Xustiza foi do 41,07%, según datos da Xunta.
O Meco é un ano máis o protagonista do Entroido en Santiago. A figura deseñada por José Manuel Méndez arranca o sábado 10 de febreiro o seu xa tradicional desfile dende a praza de Cervantes ata a do Toural, á fronte dunha festeira comitiva animada polas comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño.