
O BNG emprendeu unha acción simbólica para reclamar que as estatuas do mestre Mateo en poder da familia Franco fiquen en Santiago de Compostela para o goce do conxunto do pobo galego, en palabras de Goretti Sanmartín Rei, concelleira e vicepresidenta da Deputación da Coruña, quen cuestionou que non se adoptasen as medidas oportunas para que iso sexa unha realidade. Estas esculturas estiveron expostas durante varios meses nunha mostra no Museo do Prado e no Pazo de Xelmírez e prevese que van ser devoltas á familia Franco sen que as administracións o impidan.
Hai un clamor do tecido social para pórlle punto final a este roubo feito ao pobo galego no seu momento por parte da familia Franco despois de tantos anos de espolio continuado, advertiu Goretti Sanmartín Rei. Para iso reclamamos que as institucións movan ficha e, unha vez rematada a exposición que tiña as dúas esculturas de Abrahám e Isaac no pazo de Xelmírez, o Concello de Santiago debe pedir medidas cautelares para que non saian de Compostela, sinalou.
IMG_20180226_113604A familia Franco non ten credibilidade para demostrar que esas esculturas son da súa propiedade e as medidas cautelares son posíbeis porque son semellantes ás utilizadas cando se intentaron vender os debuxos das Cruces de Pedra de Castelao, que tampouco tiñan acreditada a propiedade, e foron depositados no Museo de Pontevedra no tempo que durou o proceso, explicou. Así, advertiu que no Pazo de Xelmírez ou no Concello de Santiago deberan quedar depositadas as obras do Mestre Mateo que obran en poder ilexítimo da familia Franco mentres duren os procesos xudiciais para que volvan ao punto de onde non deberon partir: a cidade de Santiago de Compostela e pertencendo ao conxunto do pobo galego.
Pola súa parte, Luís Bará, deputado parlamentar do BNG, expresou que se trata dun latrocinio perpetrado pola familia Franco de bens públicos e isto constitúe unha anomalía histórica e unha vergoña democrática que é posíbel pola complicidade do aparato do Estado, dende o Goberno español á Xunta de Galiza, pola impunidade coa familia Franco que lle permite seguir disfrutando do Pazo de Meirás, do Pazo de Cornide e das esculturas do Pórtico da Gloria e doutros bens que foron roubados.
Así, anunciou que dende o grupo parlamentar do BNG esixiranlle á Xunta que, en coherencia co inicio dos trámites da declaración como Ben de Interese Cultura (BIC) das esculturas do Pórtico da Gloria, tomen todas as medidas necesarias para que poñan todos os medios de vixilancia e de control co fin de que as esculturas non se movan de Compostela e evitar o retorno á familia Franco. Pensamos que é hora de que o Goberno galego lles faga fronte de verdade para acabar con esta complicidade e impunidade con este espolio de bens públicos, sinalou o deputado nacionalista.
O FaCeLa Fest reúne este ano a 18 bandas, encabezadas polos ingleses Temples, os galegos Triángulo de Amor Bizarro, os asturianos Australian Blonde e as madrileñas Shego. Completan o cartel o novo proxecto lucense The Foolans, Bernal, Axolotes Mexicanos, Los Palms, Pacífica, Ripship, Error 97, Sigilu, Filophóbicas, Toldos Verdes, Las Yhadys, Aeronave Adolescente, Fotocopia e Sapo Bufo. O escenario principal trasládase nesta edición á Sala Tebras pero haberá tamén concertos noutros espazos da cidade, como o Bar Facela, no barrio da Tinería.
Galicia aposta por ampliar as melloras no ensino tamén ás etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional con novas propostas en materia de ratios, atención á diversidade e horario docente, dentro da vía de diálogo aberta entre Xunta e sindicatos. As propostas, que se elevarán aos órganos pertinentes coa previsión de comezar a aplicalas desde o novo curso que arranca en setembro, abordan melloras nas ratios de estudantes por aula na ESO e no Bacharelato, na atención que se presta ao alumnado que máis o precisa e na configuración do horario do profesorado e das súas funcións.