Notas de prensa

En Marea reclama que se regule a instalación de parques eólicos en Galicia pola súa repercusión no ambiente

En Marea reclama á Xunta que regule a instalación de parques eólicos tendo en conta a repercusión real a nivel paisaxístico, patrimonial, medio ambiental e económico. “Os megavatios chegan a Galicia pero o fan de xeito desordenado e baixo decisións unicamente dos beneficios das empresas”, según denuncia En Marea.

O grupo de En Marea reclamou á Xunta de Galicia a elaboración dunha serie de regras para a instalación de novos parques eólicos que teñan en conta a repercusión real tanto a nivel paisaxísticos, patrimonial e medio ambiente como a nivel económico. Os deputados Francisco Casal e Antón Sánchez ofreceron unha rolda de prensa esta mañá no Parlamento de Galicia na que denunciaron a ausencia total dun plan eólico no noso país por parte do Goberno galego.

O deputado Francisco Casal salientou que “despois do absoluto fracaso anterior da Xunta de Galicia no sector eólico” amosou unha total abandono de funcións que deixa en mans das poxas do Ministerio de Industria e nas empresas a elección dos lugares onde instalar os novos parques eólicos. “Os megavatios chegan a Galicia pero o fan de xeito desordenado e baixo decisións unicamente dos beneficios das empresas” asegurou o deputado de En Marea.

Para En Marea a xunta debería ter reaccionado de xeito inmediato para desenvolver unhas regras para que estas novas instalacións teñan unha repercusión real na economía do noso país contando cos colectivos sociais, a cidadanía, concellos e todos os axentes implicados. “Se hai vontade poderíase facer de xeito moi rápido pero non se fixo e en consecuencia abre barra libre a instalación destas empresas na que unicamente elas saen beneficiadas” declarou Francisco Casal.

Estas regras debería ter en conta elementos fundamentais como respecto dos valores paisaxísticos, patrimoniais e garantir retorno, e dar prioridade a aqueles que potencian a participación dos colectivos e cooperativas locais, e os que aportasen unha porcentaxe ao Goberno da Xunta para garantir de verdade o retorno económico de todas estas instalacións.

Os deputados de En Marea denunciaron ademais que a maioría dos parques non aportarán un so euro aos concellos onde se instalen máis alá dos derivados da construción e instalación do mesmo pero que despois non deixarán un só euro mentres producirán grandes beneficios. Así mesmo, a creación de emprego non irá máis alá da construción dos mesmos e será realizada de xeito maioritario por empresas de fora o mesmo que o posterior mantemento.

O vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, asegurou que esta é a primeira mostra da aplicación da Lei de depredación de Galicia no sector eólico na que os trámites redúcense á metade prexudicando de xeito grave á participación da cidadanía. “O eólico debería ser unha base para o desenrolo futuro de Galicia pero o debate debería ser eólico para quen e como. O que nos di o PP é eólico para unhas poucas empresas de fora de Galicia e sen ter en conta as consecuencias a nivel paisaxístico, patrimonial e medio ambiental” denunciou Sánchez.

O enorme potencial eólico de Galicia que debería ter sido orientado a producir un desenvolvemento con retorno social, algo que non foi senón todo o contrario. O viceportavoz no Parlamento defendeu así mesmo que “non se poden instalar en todos os sitios” aclarando que as horas de vento é o único limitante establecido a día de hoxe. “As directrices da paisaxe están paralizadas desde 2016. Que se pretende? que cando estean instalados estes eólicos estas directrices xa non teñan volta atrás ao non existir retroactividade” preguntou Antón Sánchez.

Por todo isto, o grupo de En Marea reclama unha revisión do plan sectorial eólico unha vez se aproben as directrices paisaxísticas que inclúan todas estas directrices. “Están a pagar por enriba da vontade dos veciños e veciñas ao declarar de interese público cando a instalación dos mesmos non está a deixar beneficios e si impactos. Róubannos recursos, territorio e provocan impactos no noso país. Estamos dunha estafa xeneralizada” concluíu Antón Sánchez.

Gabinete de Comunicación de En Marea, 2018-02-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (facela-fest-2026.jpg) O FaCeLa Fest reúne este ano a 18 bandas, encabezadas polos ingleses Temples, os galegos Triángulo de Amor Bizarro, os asturianos Australian Blonde e as madrileñas Shego. Completan o cartel o novo proxecto lucense The Foolans, Bernal, Axolotes Mexicanos, Los Palms, Pacífica, Ripship, Error 97, Sigilu, Filophóbicas, Toldos Verdes, Las Yhadys, Aeronave Adolescente, Fotocopia e Sapo Bufo. O escenario principal trasládase nesta edición á Sala Tebras pero haberá tamén concertos noutros espazos da cidade, como o Bar Facela, no barrio da Tinería.
Foto de la tercera plana (educacion-responsable.jpg) Galicia aposta por ampliar as melloras no ensino tamén ás etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional con novas propostas en materia de ratios, atención á diversidade e horario docente, dentro da vía de diálogo aberta entre Xunta e sindicatos. As propostas, que se elevarán aos órganos pertinentes coa previsión de comezar a aplicalas desde o novo curso que arranca en setembro, abordan melloras nas ratios de estudantes por aula na ESO e no Bacharelato, na atención que se presta ao alumnado que máis o precisa e na configuración do horario do profesorado e das súas funcións.

Notas

O Espazo de intervención cultural NORMAL da UDC acollerá ata o 15 de setembro a exposición “A Coruña, porto negreiro”, unha mostra que propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e ao seu papel no tráfico transatlántico de persoas escravizadas. Esta mostra expositiva fai un percorrido pola memoria colonial coruñesa e convida a recoñecer as pegadas que este legado deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano.
Seguir a 'tipsters' ou prognosticadores de xogos de apostas en redes sociais asóciase cunha maior intención de apostar entre adolescentes. Os menores que seguen a estas figuras amosan unha maior frecuencia de xogo e unha menor percepción do risco. Estas son algunhas da conclusións dun estudo realizado desde a Universidade de Vigo e a Universidad Miguel Hernández de Elche (UMH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES