
O BNG lanza a campaña do 8 de Marzo DÃa internacional da muller que nesta ocasión aposta por romper co politicamente correcto para mandar unha mensaxe clara e provocadora, capaz de xerar debate e remover a conciencia, “porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas”, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón.
Unha campaña directa e contundente necesaria nun momento no que se repiten “actitudes neomachistas” desde o Goberno, tanto do Estado como do galego, que a dirixente do Bloque ilustrou con dous exemplos. “Hai dous detonantes claros que nos levan a facer esta campañ: O primeiro son as declaracións do presidente do Estado, Mariano Raxoi, que cando lle preguntaron sobre a discriminación salarial das mulleres responde literalmente no nos metamos en eso”. “O segundo son as campaña paternalistas e cousificadoras da Xunta toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP ten das mulleres”.
Neste contexto, e precisamente a esas campañas oficiais tinguidas de paternalismo, replica o BNG, tanto no seu lema de campaña, -proclamando que “O máis grande de Galiza está até a cona...”-, como nas imaxes, -que remedan cun toque de humor a asociación de mulleres con monumentos do patrimonio arquitectónico de Galiza-.
“Por iso lle dicimos ao PP e ao señor Feixóo, e estou segura de que o van entender, que o máis grande de Galiza está até a cona, e repito, o máis grande de Galiza está até a cona de cobrar menos salario polo mesmo traballo, de ver como as mulleres son maltratadas e asasinadas pola violencia machista, fartas de que a conciliación da vida familiar e laboral sexa unha carreira de obstáculos que recae sobre as nosas costas, e estamos fartas de que nos toque a peor parte polo simple feito de ser mulleres”, salientou Pontón, enumerando as motivacións desta campaña.
Unha campaña “para denunciar as desigualdades, abrir un debate sobre o que está pasando neste momento e dicir alto e claro que, ante os 8M non valen de nada as campañas rituais, nin os lazos lila que seguramente veremos en moitas solapas de señores do PP, e tampouco valen de nada as palabras baleiras de contido que non se acompañan de feitos que realmente defendan a igualdade e os dereitos das mulleres”, explicou a portavoz nacional na presentación dunha campaña coordinada pola secretaria da Muller, Noa Presas, cunha nutrida representación de responsables polÃticas do BNG.
Pontón aproveitou para facer un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao DÃa internacional da Muller, empezando pola manifestación do dÃa catro en Vigo e seguindo pola folga laboral do 8M, “que se note nos centros de traballo, que se note no consumo e que se note nas casas”, instou Pontón, “porque o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade”.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.