Noticias

Galicia rexistra un total de 1.282 casos activos por coronavirus

Deles, 778 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, 94 da de Ourense, 60 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 55 da de Santiago, e 51 da de Ferrol. 11.587 pacientes xa están curados, e a día de hoxe hai 1.231 pacientes en seguimento nos seus domicilios e 3 na Uci. O número de PCR realizadas é de 280.185.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 2021 e obrigatoriedade do uso da máscara
Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos a súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no DOG do pasado 5 de agosto, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Xunta de Galicia, 2020-08-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (portico-paraiso.jpg) A programación musical abrirase o venres 8 de maio na ourensá Igrexa de Santiago das Caldas co concerto inaugural de Vandalia, cuarteto vocal sevillano especializado no repertorio renacentista e barroco español. Fundado en 2012, o grupo desenvolveu unha ampla traxectoria en España e no estranxeiro e foi recoñecido tanto pola súa discografía como polo seu labor de recuperación do patrimonio musical, con distincións como o Premio XEMA da Prensa ao mellor grupo español de música antiga. O domingo 10, o festival trasladarase ao Pazo de Vilamarín da man da soprano valenciana Mariví Blasco e do intérprete de guitarra barroca Álex Pernas. Especializada en música antiga, Blasco colaborou con formacións de referencia como Europa Galante, L’Arpeggiata ou Accademia del Piacere.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta anunciou que a Xunta destinará un total de 270 millóns de euros a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia o titular do Goberno galego lembrou, ao respecto da situación en Oriente Medio, que o Consello da Xunta xa analizou hai dúas semanas 'os primeiros impactos' e que Galicia foi 'a primeira comunidade autónoma en falar cos clústeres'. Nesta liña, o presidente anunciou que o vindeiro Consello autorizará 'un plan de máis de 150 millóns' para atender aos sectores afectados, que se sumará aos máis de 120 millóns que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central a este respecto.

Notas

A National Aeronautics and Space Administration, NASA, confirmaba o pasado martes de xeito oficial que o 1 de abril será a primeira data na que se intentará lanzar desde o Centro Espacial Kennedy de Florida Artemis II, a primeira misión lunar tripulada desde 1972. 'Podo confirmar que todo está en orde e non hai ningún impedimento para o lanzamento de Artemis, se as condicións meteorolóxicas o permiten', afirmou a viceadministradora e responsable de exploración espacial da axencia espacial estadounidense, Lori Glanze.
A iniciativa, que este ano desenvolve a súa terceira edición, está promovida por CLARIAH-GAL, o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura que reúne especialistas de diferentes institucións do Estado español co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de recursos, ferramentas e metodoloxías dixitais para a investigación en humanidades, artes e ciencias sociais, no marco dos consorcios europeos CLARIN e DARIAH.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES