Notas de prensa

O BNG apoia a folga das mulleres e propón unha Lei pola Igualdade Salarial para combater a discriminación

Pontón critica as “campañas paternalistas” porque as mulleres “non queren ser o máis grande de Galiza, senón ter igualdade salarial”. Apoio total á folga de mulleres convocada pola CIG para o 8 de marzo con paros laborais de dúas horas nos centros de traballo. O BNG propón consensuar unha Lei galega pola igualdade salarial para poñer fin á discriminación.

O BNG traslada o seu total apoio á folga das mulleres do 8 de Marzo convocada a nivel internacional para denunciar ás discriminación laborais que soportan as traballadoras, empezando pola reivindicación básica de a igual traballo igual salario. “Acabar cos teitos de cristal e cos chans pegañentos”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, na presentación desta mobilización social coa secretaria da Muller da CIG, Marga Corral, e co resto das deputadas nacionalistas.

Ás portas desa gran mobilización social, - que se traducirá en paros de dúas horas por quendas de traballo e en manifestacións nas rúas-, Pontón avanzou unha serie de iniciativas que o Bloque presentará na Cámara para combater a discriminación ás mulleres, empezando polo ámbito laboral e tendo en conta que a lexislación actual “ou está obsoleta ou non está funcionando”.

Para empezar, o BNG propón consensuar unha Lei galega pola igualdade salarial que para poñer fin a unha realidade na que as mulleres perciben de media un 21% menos de salario que os homes por facer o mesmo traballo, incluíndo “medidas correctivas” nas empresas e nas administracións. A modo de exemplo, Pontón salientou que na propia Cámara galega a limpeza de cristais é desempeñada por homes e ten unha categoría salarial superior ao resto de traballos de limpeza que desempeñan as mulleres.

Igualmente, o BNG propón a creación dunha Valeduría da Igualdade, seguindo o modelo de institucións similares nos países nórdicos ou no País Vasco, “porque existe un déficit de vixilancia e de mecanismos para detectar a discriminación e combatela, un organismo destinado a combater calquera tipo de discriminación contra a muller, un elemento máis para acabar coas desigualdades”.

Pontón foi moi crítica coas “campañas paternalistas” que pretenden ensalzar á muller, pero que non fan máis que cousificala.

“A loita pola igualdade non se gana a base de hipocresía, mesmo con campañas paternalistas, porque as mulleres non queremos ser o máis grande de Galiza, o que queremos é ter igualdade salarial, dereitos de conciliación, poder vivir sen violencia, e que haxa recursos para conciliar a vida laboral e salarial”, argumentou, ao tempo que reclamou “un debate en serio sobre a situación das mulleres, do retroceso derivado da crise e como avanzar na igualdade real”.

No inmediato, o BNG levará ao vindeiro pleno unha iniciativa de apoio á folga de mulleres do 8 de marzo, como recoñecemento expreso da Cámara dunha situación de desigualdade, e a propia Pontón preguntará ao presidente da Xunta por este asunto na sesión de control ao xefe do Executivo.

A dirixente nacionalista considera que sobran motivos para secundar esa folga de mulleres, porque é preciso saír a rúa para defender a igualdade entre mulleres e homes ou cuestións tan básicas como o dereito a vivir sen violencia: “Sen iso non se pode falar dunha democracia real”. Pontón subliñou que a loita pola igualdade ten que estar en primeiro plano político, e mudar agravios tan prexudiciais para as mulleres como salarios e pensións máis baixas ou a falta de medidas efectivas para conciliar a familiar e a profesional, “porque a día de hoxe a maternidade é unha carreira de obstáculos”, denunciou.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2018-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES