Notas de prensa

O desfile do Meco abre o programa do Entroido compostelán que o martes 13 celebra o seu tradicional desfile

O Meco é un ano máis o protagonista do Entroido en Santiago. A figura deseñada por José Manuel Méndez arranca o sábado 10 de febreiro o seu xa tradicional desfile dende a praza de Cervantes ata a do Toural, á fronte dunha festeira comitiva animada polas comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño.

Chegado ao Toural, arredor das 20:30 horas, subirá aos balcóns do Pazo de Bendaña para presidir dende alí os actos festivos programados para todo o Entroido. Co Meco instalado neste privilexiado outeiro, o pregón das festas correrá a cargo de Carlos Santiago e a banda convidada IGMIG.

Charanga, concerto e festival de disfraces para o domingo

As actividades proseguen o domingo 11 a partir das 10:30 horas e durante toda a mañá con animacións de rúa por conta de Os Conformistas de Conxo. A comparsa principiará no Centro de Maiores de Conxo un itinerario que transitará pola praza Roxa, a Alameda e diversas rúas do casco histórico compostelán ata chegar á rúa do Franco.

Ãs 12:00 horas, o Teatro Principal acollerá o concerto entre a Banda Municipal de Música de Santiago e o Grupo Píscore, unha nova compañía de música e comedia xestual que anova a escena do humor do país. No programa Concerto singular, o grupo e maila Banda ofrecerán un espectáculo musical e humorístico realmente especial con entrada de balde.

Xa na tarde, a partir das 16:30 horas, terá lugar o festival infantil de disfraces na Sala Capitol. Obradoiro de maquillaxe, música e premios nunha festa con entrada de balde e animada por A Run Run: Xogos e Enredos. O concurso de disfraces outorgará tres agasallos en cada categoría: aos disfraces de grupos, por parellas e individuais. Poderán participar no concurso nenas e nenos ata os 14 anos e as inscricións deberán realizarse entre as 16:30 e as 17:45 horas na propia sala.

Obradoiros de Entroido

O programa de festas continúa o luns 12 ao mediodía no Pazo de Bendaña. A sede da Fundación Granell acollerá distintos obradoiros cos que aprendermos a facer todo canto se precisa para disfrazarse ao xeito: caretas de boteiro, traxes de pirata, garabatas, gafas e sombreiros. A entrada tamén é libre e as prazas iranse ocupando por orde de chegada.

Desfile do martes de Entroido

O martes 13 de febreiro, ás 17:00 horas, a avenida de Ferrol servirá de punto de encontro para as carrozas, comparsas e charangas que participen no desfile. A principal novidade deste ano é que o punto de partida muda a esta rúa por mor das obras que se están executando na estación de ferrocarril. A Sala Capitol será nesta ocasión o escenario da entrega dos premios ás mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfrace individual, así como para as mellores comparsas procedente das parroquias e barrios de Santiago.

O prazo para participar no desfile concurso segue aberto. As inscricións deben formalizarse no Departamento de Festas, localizado no Teatro Principal, antes das 14:00 horas do 12 de febreiro. Para as carrozas haberá tres premios de 3.000, 2.000 e 1.000 euros. No caso das comparsas, que estarán compostas por un mínimo de 15 persoas, entregaranse premios de 2.400, 2.000 e 1.000 euros. Na categoría de grupos, formados por entre 6 e 15 persoas, hai tamén tres premios, de 800, 400 e 200 euros.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2018-02-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES