Notas de prensa

En Marea insta a impedir a venda do Pazo de Meirás

En Marea reclámalle ao Goberno do Estado que interveña no proceso de venda do Pazo de Meirás “canto antes para impedir que pase a mans de terceiros” mediante a incorporación da Abogacía do Estado. En Marea saúda os consensos das comisións de expertos creadas que afirman que hai que recorrer aos tribunais para que o pazo pase ao patrimonio público.

Así o explicou o vicevoceiro no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, o voceiro no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, e a deputada no Parlamento, Ãnxeles Cuña, que fixeron fincapé en que desta maneira se recollen as recomendacións das comisións de expertos creadas para o estudo da devolución do pazo ao patrimonio público.

Ademais desta reclamación, En Marea vén de solicitar no Congreso dos Deputados que se proceda a incoar o expediente de recuperación posesoria do pazo e a interposición das accións civís precisas para que retorne ao público.

O vicevoceiro no Parlamento Antón Sánchez sinala que estas “son iniciativas moi imortantes que poden axudar a conseguir un obxectivo: que o pazo non sexa un símbolo da infamia, se non da democracia”, un camiño no que “se ten avanzado despois de que a sociedade civil pelexase por este obxectivo”. Desta maneira, En Marea saúda os consensos das comisións de expertos creadas pola Xunta e a Deputación de A Coruña que afirman que hai que recorrer aos tribunais para que o pazo pase ao patrimonio público. As medidas propostas por En Marea seguen tamén as recomendacións que instan a deseñar unha estratexia común para recuperar este Ben de Interese Cultural e, afirma Antón Sánchez, o debate destas iniciativas “van ser unha boa proba para ver onde se sitúa o PP, se do lado dos demócratas ou dos herdeiros do dictador Franco”.

Pola súa banda, o voceiro de En Marea no Congreso Miguel Anxo Fernán Vello sinalou que non se pode permitir que “os tentáculos do franquismo sigan extendéndose no periodo democrático” e que “é o momento de que o PP mostre a súa posición e condena da ditatura franquista”. Fernán Vello engadiu que En Marea esixe tamén a retirada do vídeo de promoción da venda do pazo que usa unha noticia do NO-DO porque “fai apoloxía directa do franquismo nun momento no que asistimos á persecución de rapeiros, pero a apoloxía do franquismo non se toca, é pura ética política que sexa retirado”, afirmou. Para iso solicita a intervención da Fiscalía.

Finalmente, a deputada no Parlamento Ãnxeles Cuña, remarcou que as Torres de Meirás deben pasar ao ben público “e estamos dispostas a coordinarnos con tódolos movementos sociais e políticos que van nesta liña, coas persoas que defenden a memoria histórica”. A deputada lembra que a apropiación por parte dos Franco do pazo foi “un roubo a man armada” e que hai probas documentais e libros que así o avalan.

Gabinete de Comunicación de En Marea, 2018-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES