//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Bruxelas no último encontro da comisión de Cidadanía, Gobernanza, Asuntos Institucionais (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR). Nun dos debates sobre os novos ditames, abordouse a nova folla de ruta para a loita contra o tráfico de drogas, adoptada pola Comisión Europea en outubro de 2023 para intensificar os esforzos da UE neste eido. No debate avaliouse o papel das autoridades rexionais e locais na mitigación dos efectos negativos do tráfico de drogas, especialmente no ámbito da prevención. Neste sentido, a través das súas aportacións ao documento de traballo do ditame, a Xunta puxo o foco no ámbito escolar, apostando por campañas de información destinadas tanto aos mozos como aos seus familiares e docentes.
A Xunta está a traballar na posible presentación dun recurso de inconstitucionalidade contra a lei estatal de vivenda mediante a recompilación de distintos argumentos como un informe preceptivo solicitado ao Consello Consultivo de Galicia. A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vazquez, explicou hoxe que a Comunidade recorrerá aos tribunais se o Goberno central non dá resposta nesta semana ás propostas de modificación da normativa que lle remitiu nos últimos días o Observatorio da Vivenda de Galicia.
Celebrouse a última sesión do grupo de contacto entre o Comité das Rexións e o Reino Unido, centrada nos problemas da falta de participación dos entes locais e rexionais na gobernanza do Acordo de Comercio e Cooperación entre a UE e Reino Unido, marco que dende 2021 codifica as relacións sobre a base da preservación da cooperación. O papel das rexións e cidades non está recoñecido formalmente no acordo, a pesar das grandes repercusións territoriais e competenciais deste convenio a nivel subestatal. A cuestión abordouse a través de dúas sesións temáticas. Na primeira, Bretaña exemplificou o impacto que o Brexit e a aplicación do Acordo están tendo na súa economía, moi dependente das relacións co país veciño.
Alfonso Rueda anunciou que a Xunta vai crear un Centro Galego de Control e Prevención de Enfermidades co obxectivo de poder adiantarse a novas epidemias e problemas de saúde pública relevantes. O centro, que se adscribirá á Consellería de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, será o órgano responsable do asesoramento e coordinación das estratexias e políticas de saúde pública, que permitirá a toma óptima de decisións para mellorar a saúde da cidadanía galega.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego eleva a nivel medio o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental (Camgal) co obxecto de que o Goberno central actúe no mar para evitar deste xeito que máis pellets cheguen á costa. 'Trátase de traballar e colaborar entre todos', defendeu o mandatario galego sobre esta medida que deu a coñecer na Estrada (Pontevedra), tras visitar esta mañá a praia de Espiñeirido, en Porto do Son (A Coruña), unha da praias ás que teñen chegado estes residuos. Precisamente, salientou que máis de 200 profesionais da Administración autonómica, en colaboración cos concellos, están levando a cabo de forma monitorizada a limpeza destes pequenos plásticos en praias de 33 concellos.
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Turismo en Madrid, onde se aprobou unha ampliación do reparto entre as Comunidades Autónomas dos fondos europeos Next Generation. No horizonte 2026 serán case 8,5M os que a Xunta de Galicia xestionará a maiores para un Plan de Competencias Dixitais e impulsar medidas de eficiencia enerxética, entre outras accións. En concreto o Goberno autonómico executará o Plan de Competencias Dixitais cun investimento de preto de 2,5M e unha previsión de formación de 892 profesionais do sector a través de cursos de 150 horas. O prazo de execución será ata o ano 2026.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego creará un novidoso mercado voluntario de créditos de carbono para que as empresas e os cidadáns poidan compensar as súas emisións e contribuír na loita contra o cambio climático ao financiar proxectos sostibles que persigan estes obxectivos. O Consello avaliou na súa reunión de hoxe o proxecto de decreto polo que se regula o Sistema de créditos de carbono da Xunta de Galicia e se acorda iniciar a súa tramitación. Esta norma permitirá a creación dun mercado voluntario de créditos de carbono propio da nosa comunidade, unha iniciativa na que están implicadas a Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Consellería do Medio Rural.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que esta mañá trasladou ao Consello a decisión de convocar eleccións autonómicas para o domingo 18 de febreiro, logo de que Galicia fose esta mesma semana a primeira comunidade en aprobar os seus orzamentos para o vindeiro ano. O obxectivo é, segundo salientou, facer que Galicia siga sendo como é, unha comunidade referente na maioría das cousas importantes e un modelo de fiabilidade, estabilidade e credibilidade.
Un informe presentado ante o Observatorio da vivenda de Galicia, órgano de carácter consultivo no que están representados promotores e axentes inmobiliarios, arquitectos e administracións locais, entre outros colectivos do sector, conclúe que en aplicación dos diferentes indicadores que propón a Lei estatal polo dereito á vivenda, a Comunidade podería chegar a ter entre un 20 e un 30% de concellos tensionados. Antes de presidir a reunión do pleno do organismo, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que o punto principal a tratar sería o referido estudo, no que se analizan os prezos dos alugueiros ou o IPC, ademais doutros datos, co fin de clarificar a incidencia que podería ter a declaración de zonas tensionadas no conxunto de Galicia.
A Xunta traballa nunha solución para optimizar a captura de carbono e compensar as emisións da comunidade á atmosfera mediante a xestión sostible e activa dos sumidoiros naturais de carbono existentes no territorio galego a través do proxecto Solucións innovadoras para a compensación local de emisións de CO2 (SICLE-CO2). Esta iniciativa está a explorar as capacidades de colaboración público-privada para desenvolver fórmulas que permitan compensar as emisións de gases de efecto invernadoiro no ámbito galego.
Trátase da proposición de Lei de financiamento dos partidos políticos que sitúa a Galicia como a primeira comunidade que adapta o seu réxime ás novas esixencias estatais. O PPdeG insiste en que se establece un sistema de financiamento eminentemente publico e endurece o control da normativa estatal. Prohíbense doazóns de persoas xurídicas, anónimas e físicas superiores a 50.000 euros ao ano, según informa o PPdeG.
O BNG confía na responsabilidade da formación socialista para dar unha alternativa en Lugo e reitera que o 24M a cidadanía reclamou un cambio profundo na administración local. Di que non apoiará a imputados e que non son tempos para decisións unilaterais, senón para dialogar.
Na súa primeira reunión no Pazo Provincial, Manuel Baltar e Jesús Vázquez analizaron temas sociais, de infraestruturas, medio ambiente, cultura, sostibilidade e fondos europeos.
O PPdeG solicita instrumentos financeiros para apoiar os investimentos e o funcionamento operativo dos autónomos, emprendedores e pequenas e medianas empresas. Estamos iniciando un proceso de recuperación económica e para afortalar este crecemento é fundamental que as empresas teñan acceso ao financiamento.
O portavoz popular sinalou que estas persoas, que nun momento determinado poden entender que a vía máis democrática para avanzar é incumprir a lei, se decatarán de que iso é o máis antidemocrático.
O presidente da Xunta, durante a recepción á Hermandad gallega de Venezuela, transmite a cercanía e solidaridade de Galicia aos 46.000 galegos que viven no país. O Goberno galego destina 600.000 euros anuais á atención social, sanitaria e cultural dos galegos en Venezuela. Tamén axuda ás familias en situación de precariedade e dependentes.
Declaración política co lema Concello a concello, construíndonos a Galiza do S. XXI, co BNG como única alternativa nacionalista para o todo o país. Os concellos non poden ser vistos como illas, e esta gran nación está conformada por 314 municipios, non por un puñado de cidades, di Vence.
Replica a Feijóo cando alerta sobre converter Mondoñedo, -gobernado polo Bloque-, nunha Venezuela que non ten autoridade para dar leccións de democracia quen ampara o carrexo de votos en Riotorto. Acto de campaña en Lugo de apoio ao candidato Rubén Arroxo en demanda de vivenda protexida para xente moza.
O portavoz popular criticou que o PSOE non se teña pronunciado do que pensa facer ao día seguinte das eleccións, en contraste coa estabilidade e o coñecemento do programa que vai aplicar o PP. Avanza que o PPdeG redobrará esforzos nestes últimos días de campaña electoral porque temos opcións serias de manter o goberno na maioría das cidades.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na reunión que tivo lugar en Santiago. A Unión Europea aumentou nese período a porcentaxe de fondos dedicados á cooperación interrexional.