Actualidad de Política

Noticias politica

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello acordou trasladar ao Goberno central unha petición formal para que se celebre unha nova Conferencia de Presidentes ante a “clarísima situación de desigualdade” na que queda Galicia respecto a outros territorios tras os acordos que sustentaron a investidura de Pedro Sánchez. Rueda lamenta o vivido na política española nas últimas semanas e asegurou que o seu deber como titular do Goberno galego é defender os intereses de Galicia fronte aos privilexios que están a recibir outros territorios.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reclamou hoxe que o Goberno de España complete a renovación das infraestruturas e reforme a xestión dos servizos de ferrocarril galego para garantir o seu futuro. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, clausurou hoxe o Congreso Extraordinario do Sector Federal Ferroviario de FeSMC-UGT. Na inauguración participou, previamente, a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento de Galicia para explicar as liñas estratéxicas do seu departamento no que resta de lexislatura, entre as que avanzou a posta en marcha dun Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais. Segundo explicou, este plan forma parte da nova Estratexia de Política Industrial de Galicia que contempla, ademais, a elaboración dun mapa industrial da Comunidade e de plans directores para os diferentes sectores. O obxectivo, dixo, é facer de Galicia un polo de emprendemento industrial capaz de atraer investimentos garantindo as máximas facilidades na tramitación.
Ante a recente convocatoria da Conferencia sectorial de Medio Ambiente realizada polo Goberno central, Galicia e outras 13 comunidades e cidades autónomas acaban de impulsar unha fronte común para esixir que se volva convocar a este órgano multilateral conforme á legalidade vixente ao entender que, en caso contrario, se lles negaría a oportunidade de debater sobre asuntos clave para os seus respectivos territorios. A celebración desta reunión levaba pendente desde o pasado verán e entre os aspectos a tratar figura a distribución territorializada de varias partidas de fondos estatais.
A Xunta defenda a Lei do litoral de Galicia como norma innovadora e referente a seguir para a xestión integrada da costa, tal e como salientou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez durante a súa intervención na clausura do XI Congreso internacional de ordenación do territorio que se celebrou esta semana en Xixón. Logo de subliñar que Galicia é a primeira comunidade que impulsa unha lei para regular o seu litoral en toda a súa extensión, tanto zona terrestre como área mariña, a vicepresidenta segunda incidiu no “compromiso inquebrantable” que ten a Comunidade coa sostibilidade ao entender a costa desde unha tripla perspectiva social, ambiental e económica.
A Xunta de Galicia urxiu hoxe ao Consello de Estado a que lle traslade 'canto antes' o seu ditame sobre a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia no que se basea o recurso de inconstitucionalidade en contra desta norma, cuxa presentación foi anunciada a pasada semana na rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros. Logo de subliñar que a única comunicación oficial sobre esta cuestión foi unha chamada telefónica ao presidente da Xunta, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, exixiu 'claridade e respecto' ao Goberno central porque a Lei do litoral 'non vai contra a Constitución nin vai contra a Lei de costas', senón que responde á defensa dos lexítimos intereses de Galicia en base ás competencias recollidas no Estatuto de Autonomía.
Galicia compartiu xunto a representantes de Aragón, Andalucía, Cantabria, Castela e León, Murcia e A Rioxa, a inquedanza polo status de protección do lobo ibérico no conxunto de España, unha situación que complica o mantemento do equilibrio entre a especie e a actividade do sector primario, co que comparte territorio. Durante un encontro para estreitar lazos e compartir posibles liñas de actuación en materias de interese común no eido medioambiental, defendeu a necesidade de que as autoridades comunitarias coñezan de primeira man a realidade da especie en cada rexión.
Os presidentes galego e asturiano apostan por manter a “colaboración e unión” entre os respectivos gobernos para facer fronte a desafíos comúns como o reto demográfico, a financiación autonómica, a posta en marcha do Corredor Atlántico Noroeste ou o aumento do turismo no norte da Península. Subliñan tamén a necesidade de abordar a reforma do sistema de financiación autonómica para adaptala a indicadores de poboación como o avellentamento ou a dispersión, e apostan porque Galicia e Asturias fagan un fronte común para exixir cambios.
O Foro Celta nace co obxectivo fundamental de converter a unión destes territorios en motor de desenvolvemento sustentable, de prosperidade e de benestar para as súas poboacións. Trátase así de sumar esforzos para a posta en valor do patrimonio cultural destes territorios, da optimización dos recursos comúns e a posta en común dunha visión de futuro compartida. A Declaración de Rennes, asinada por todos os asistentes, recolle a aposta destes pobos por reforzar a cooperación intercéltica nas relacións institucionais, no eido das actividades marítimas, na educación e a formación a prol da mobilidade, na valorización, promoción e coñecemento do patrimonio, e no desenvolvemento das enerxías renovables.
Esta lei, que foi aprobada polo Parlamento o pasado 4 de xullo, permitirá consolidar o futuro da costa galega, dos seus valores naturais, patrimoniais, paisaxísticos e económicos ao mesmo tempo que se outorga seguridade xurídica ás actividades que se realizan nela e que supoñen o modo de vida da cidadanía que alí reside. Esta normativa protexe e garante o futuro de Galicia, ademais de supor a xestión desde a Comunidade desta materia e seguridade xurídica para o noso litoral. De feito, a lei inclúe nun só texto todas as políticas, sectores e instancias administrativas que teñen relación co litoral coa creación de órganos de participación, colaboración e intercambio.
« Anterior | 14  de  158 | Siguiente »

Notas politica

A emisión dos debates relegase á TVG2 cunha audiencia residual de 6.000 espectador@s fronte aos 100.000 da primeira canle da televisión pública.
O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, ao amparo da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, asinaron na Casa do Concello de Tui o memorando de entendemento entre as dúas entidades municipais para a interconexión dos seus rexistros municipais.
Durante a viaxe institucional á illa, onde participaron no XXVI festival La Huella de España, que este ano está dedicado a Galicia, dirixido pola bailarina e coreógrafa cubana Alicia Alonso, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración reuníronse cos presidentes das sociedades galegas na Habana.
O portavoz popular afirmou que estes comicios confirmaron que “as formacións políticas que configuraron o sistema democrático continúan a ser as dúas alternativas sobre as que pivota a posibilidade de gobernar”.
Galicia formará parte dun grupo de traballo encargado de estudar, deseñar e propor á Comisión Europea proxectos susceptibles de ser financiados polo "Plan Juncker". Os órganos de goberno da Comisión do Arco Atlántico reuníronse en Bilbao onde calificaron 2015 como ano estratéxico para aplicar novos programas de cohesión no período 2014-2020.
Mantivo unha xuntanza de traballo en Madrid con Juan Ignacio Romero, director xeral de Coordinación de competencias coas CCAA e as entidades locais.
Ademais de abrir a xestión aos cidadáns, a Deputación facilita ao máximo o labor da oposición, ofrecéndolle información todas as semanas, “como non fai ningunha outra administración en Galicia”.
O PSdeG de Ourense reivindica a honestidade persoal e política de Aurea Soto e a sua valentía para impedir que os intereses privados seguiran prevalecendo no Concello fronte ao interese xeral da cidade e da cidadanía.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión da comisión CIVEX do Comité das Rexións (CdR) da UE, onde destacou a Gobernanza Multinivel como a vía máis idónea para xerar medidas e iniciativas que afronten con éxito estas problemáticas transnacionais. A Xunta insiste na importancia da coordinación da política migratoria entre as rexións UE.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE dirixiu en Italia a reunión da comisión CIVEX na que se debateu a estratexia a seguir por parte do CdR para achegar o proxecto europeo á cidadanía. Comprométese a elaborar un informe sobre o rol da asamblea de rexións na UE.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES