Notas de prensa

Xunta e FEGAMP invitan á Deputación de Lugo a participar nunhas xornadas como referente en transparencia

Ademais de abrir a xestión aos cidadáns, a Deputación facilita ao máximo o labor da oposición, ofrecéndolle información todas as semanas, “como non fai ningunha outra administración en Galicia”.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), dependente da Xunta, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), invitaron á Deputación de Lugo a participar como unha institución pública referente en transparencia no I Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica, unhas xornadas que organizan ambas entidades e que se celebran hoxe na Cidade da Cultura, en Santiago.

O director dos departamentos provinciais de Fondos Europeos e Novas Tecnoloxías, Pablo Rivera, explicará esta mañá no marco do encontro, dirixido ás entidades locais, o proceso de Orzamentos Participativos do 2015 que levou a cabo a Deputación, os primeiros dun organismo provincial en España, como modelo de Goberno Aberto e participación cidadá cara o que deben avanzar as administracións locais en Galicia.

Os presupostos participativos supoñen un paso máis na mellora da calidade democrática e a transparencia que impulsa a Deputación lucense dende hai 8 anos a través dunha serie de medidas que a converteron hoxe na 6ª institución provincial máis transparente de toda España, segundo a prestixiosa organización Transparencia Internacional.

Máximas facilidades á oposición

Ademais de abrir a xestión aos cidadáns, a Deputación aprobou un Regulamento Orgánico para garantir a transparencia e facilitar ao máximo o labor da oposición, á que facilita información todas as semanas, varias veces, “como non fai ningunha outra administración en Galicia”. Por 1ª vez, a oposición dispón de dous locais de traballo e equipos informáticos, ademais de 3 asesores, cun custe anual para a Deputación de case 122.000 euros. O PP conta tamén con 5 deputados con dedicacións que suman preto de 200.000 euros ao ano. A Deputación dá resposta ás súas peticións de documentación nun prazo de 5 días.

Os deputados da oposición contan cun espazo na Secretaría Xeral para consultar todos os expedientes que require, así como servizo de copia; todas as semanas recibe unha relación do Rexistro de Entrada de Documentos, a orde do día e a acta das Xuntas de Goberno; e consulta todos os decretos e resolucións da Presidencia. A oposición pasou a estar en todas as mesas de contratación; e a Xunta de Voceiros, que nunca se reuniu nos 24 anos do Goberno provincial do PP, agás tras o Pleno posterior á toma de posesión, agora convócase para todos os asuntos de importancia para a provincia.

Sen embargo, a oposición non aproveita todos estes mecanismos de participación e mostra deixamento da súa función fiscalizadora. De feito, a Deputación ten documentado as numerosas ausencias dos Deputados do PP, tanto en mesas de contratación, como nos Consellos de Administración de SUPLUSA, reunións do padroado da Fundación TIC ou do Consello do INLUDES -cando existía-. O PP nunca ten substituto, é dicir o seu posto queda vacante nestes órganos institucionais, polo que o seu papel non o cumpre ninguén.

Ademais, o actual Presidente foi quen empezou a comparecencia anual da Deputación de Lugo no Parlamento de Galicia para explicar os orzamentos, pois o anterior Goberno provincial negouse a facelo, restándolle lexitimidade á Cámara autonómica.

A Deputación contesta agora en prazo a todas as peticións do Valedor, cando o PP nin recoñecía esta figura. Como exemplo, nos últimos tres anos dos populares á fronte do Goberno provincial –de 2003 a 2006- quedaron sen responder a metade das solicitudes do Valedor, que chegou a pedir ata 5 veces a mesma documentación sen obter ningunha resposta.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2015-03-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES