Notas de prensa

O PSdeG de Ourense reivindica a honestidade de Aurea Soto

O PSdeG de Ourense reivindica a honestidade persoal e política de Aurea Soto e a sua valentía para impedir que os intereses privados seguiran prevalecendo no Concello fronte ao interese xeral da cidade e da cidadanía.

A Executiva Local do PSdeG-PSOE en Ourense, en reunión extraordinaria celebrada o 12 de xaneiro, para analizar a dimisión dos seus cargos institucionais e orgánicos da compañeira Aurea Soto, acordou por unanimidade o seguinte:

1. Amosar o noso recoñecemento e gratitude polo inmenso traballo da compañeira Aurea Soto como concelleira de Urbanismo, Infraestructuras e Servizos Xerais do Goberno municipal de Ourense, onde desenvolveu con extraordinaria dedicación, entrega, lealdade e honestidade o programa político do PSdeG-PSOE en estas áreas clave cara a modernización e desenvolvemento da nosa cidade.
2. Recoñecer a súa entrega e inxente tarefa na defensa insobornable dos intereses xerais da cidade e de todos os seus veciños e as súas veciñas.
3. Recoñecer a súa aportación persoal á democratización do urbanismo ourensán para poñelo ao servicio do interese público, a implantación dun cambio da cultura e do modelo anterior a 2007 dominado por grupos de interés privados e operacións especulativas, á xestión da dificilísima situación herdada pola anulación do Plan Xeral do PP, e á redacción e aprobación inicial dun novo Plan Xeral firmemente ancorado no interese xeral, e que se senta sobre bases de sustentabilidade, racionalidade e seguridade xurídica proxetos estratéxicos como o Plan Termal, o Plan Especial da As Burgas ou a integración do AVE, que a compañeira Aurea Soto deixa definidos e encamiñados cara o futuro.
4. Reivindicar a honestidade persoal e política de Aurea Soto e a sua valentía para impedir que os intereses privados seguiran prevalecendo no Concello fronte ao interese xeral da cidade e da cidadanía, así como exemplaridade da nosa compañeira na asunción do código ético establecido polo noso Partido cara ás institucións, os poderes públicos e a sociedade.
5. Garantir que o Partido Socialista e o Goberno municipal seguirán desenvolvendo coa misma firmeza que ata agora a política urbanística de tolerancia cero á especulación, e de defensa do público, do interese xeral da cidade e dos proxectos estatéxicos impulsados desde 2007 no Concello, ancorados agora nun urbanismo legal, moderno, racional e sustentable.

Grupo Municipal PSdeG-PSOE Ourense, 2015-01-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES