
Neste sentido, explicou que o Executivo galego respondeu ao proceso de consultas aberto pola Comisión Europea ao respecto remitindo un completo informe o pasado 22 de setembro no que se constata o estado favorable da poboación de lobo ibérico en Galicia e se dá conta de todos os datos obtidos a raíz do último censo da especie realizado pola Xunta entre 2021 e 2022 ante a inactividade do Goberno central e pese ao seu compromiso coa elaboración dun estudo a nivel nacional.
Na mesma liña, Belén do Campo salientou que a decisión do Goberno central de elevar o nivel de protección do lobo no conxunto do país en setembro do ano 2021 estaba inxustificada xa que a realidade e a dinámica poboacional desta especie non aconsellaba adoptar medidas adicionais para garantir a súa conservación ao norte do río Douro.
Tras indicar que na información remitida pola Xunta se incluíu tamén un anexo con información sobre o impacto que ten no sector agrogandeiro e no rural, do Campo lembrou o esforzo económico do Goberno galego neste sentido, cun investimento de case 8 millóns de euros desde 2016 a través de diferentes ordes de axudas.
Precisamente, todos os representantes autonómicos coincidiron en denunciar que a estas alturas do ano aínda estea sen facer o reparto dos fondos reservados para o lobo nos orzamentos de 2023. De feito, decidiron reclamar ao Ministerio a convocatoria dunha conferencia sectorial extraordinaria e monográfica para abordar a distribución territorial desas partidas, xa aprobadas na comisión celebrada no mes de xuño.
De feito, Belén do Campo lembrou que a Xunta quedou fóra do reparto do ano pasado polo sectarismo do Goberno central, que vencellou o acceso a estes fondos á subscrición da nova Estratexia nacional do lobo, unha chantaxe, dixo, que Galicia non aceptou e pola que segue reclamando por vía xudicial o seu dereito a recibir os 4,3 millóns de euros que lle correspondían segundo o reparto acordado en 2022.
Neste sentido, os representantes dos gobernos galego, cántabro e castelán leonés, cuxos territorios concentran o maior número de exemplares de lobo de todo o país, coincidiron en censurar a unilateralidade do Executivo central en todas as súas decisións sobre a xestión da especie, sen escoitar nin consultar ás principais comunidades lobeiras, unha actitude que esperan que non se repita ante a petición de Conferencia sectorial acordada hoxe e que se lle trasladará ao Ministerio nos vindeiros días.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.