
Na reunión, que tivo lugar no Centro Galego da capital cubana, Rueda destacou o interese da Xunta por consolidar a especial relación de irmandade entre Galicia e Cuba; e agradeceu á Federación de Sociedades Galegas de Cuba e ao seu presidente, Sergio Toledo, os esforzos constantes e o traballo cotián para poder dar forma ás accións que o Executivo autonómico desenvolve a favor dos galegos residentes en Cuba. Neste sentido, o vicepresidente destacou o compromiso da Xunta de Galicia para atender as necesidades dos galegos residentes na illa caribeña.
La Huella de España
Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda tamén participaron na inauguración da XXVI edición do festival `La Huella de España´, que este ano esta dedicado a Galicia, xesto que Rueda agradeu enormemente ao Ministerio de Cultura de Cuba e á Embaixada de España, xa que é unha mostra máis da irmandade permanente entre os pobo cubano e galego.
O número dous da Xunta incidiu no importante papel dos galegos no exterior e indicou que para Galicia, Cuba foi unha constante no desenvolvemento da súa identidade contemporánea como pobo, e Cuba, como sociedade, non pode ser entendida sen a achega da presenza galega na illa, xa que foron moitos os galegos que traballaron en Cuba e compartiron parte da historia cubana.
O festival está dirixido pola bailarina e coreógrafa cubana Alicia Alonso, directora do Ballet Nacional de Cuba e durante una semana ofrecerá actividades como concertos, exposicións, eventos gastronómicos, xornadas formativas e conferencias. Ademais, contará coa presenza de invitados galegos como o cantautor Andrés Suárez ou a gaiteira Cristina Pato.
Ademais deste evento, durante a xornada do domingo os representantes da Xunta participaron na clausura do curso formación a mozos galegos Voluntariado e Traballo social, atención sociosanitaria a persoas dependentes, impartido por persoal da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU), onde Rueda destacou a especial importancia que ten para a Xunta as axudas á dependencia e o apoio aos familiares e ao entorno máis preto con cursos coma o que onte se clausurou na capital cubana.
Exposición Luis Gabú
O último dos eventos no que participaron esta xornada foi a inauguración da exposición Arte e Ritual na Catedral de Santiago, no Museo Nacional de Belas Artes da Habana, na que o o fotógrafo coruñés Luis Gabú expón 20 fotos dun dos elementos máis universais da nosa comunidade, o Xacobeo e as peregrinacións a Compostela.
Segundo explicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a exposición amosa os innumerables lazos culturais que nos últimos dous séculos uniron a Cuba e Galicia, así como a universalidade do Camiño e sobre todo do seu punto final: a Catedral de Santiago.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.