Noticias

Entra en vigor a Lei do Litoral de Galicia, para garantir o equilibrio entre a biodiversidade e a función social da costa

Esta lei, que foi aprobada polo Parlamento o pasado 4 de xullo, permitirá consolidar o futuro da costa galega, dos seus valores naturais, patrimoniais, paisaxísticos e económicos ao mesmo tempo que se outorga seguridade xurídica ás actividades que se realizan nela e que supoñen o modo de vida da cidadanía que alí reside. Esta normativa protexe e garante o futuro de Galicia, ademais de supor a xestión desde a Comunidade desta materia e seguridade xurídica para o noso litoral. De feito, a lei inclúe nun só texto todas as políticas, sectores e instancias administrativas que teñen relación co litoral coa creación de órganos de participación, colaboración e intercambio.

A Xunta pon en valor a entrada en vigor da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral, o mércores 2 de agosto, para garantir o equilibrio entre a biodiversidade e a función social da costa.

Esta lei, que foi aprobada polo Parlamento o pasado 4 de xullo, permitirá consolidar o futuro da costa galega, dos seus valores naturais, patrimoniais, paisaxísticos e económicos ao mesmo tempo que se outorga seguridade xurídica ás actividades que se realizan nela e que supoñen o modo de vida da cidadanía que alí reside.

Nesa liña, a normativa que entra hoxe en vigor protexe e garante o futuro de Galicia, ademais de supor a xestión desde a Comunidade desta materia e seguridade xurídica para o noso litoral. De feito, a lei inclúe nun só texto todas as políticas, sectores e instancias administrativas que teñen relación co litoral coa creación de órganos de participación, colaboración e intercambio.

Cómpre lembrar tamén que se trata dunha lei moi participada e consensuada. Desde o inicio da súa elaboración, o Goberno galego mantivo contactos cos concellos costeiros e con todos aqueles colectivos, asociacións, entidades, organizacións vinculados á costa, como, por exemplo, a cadea mar-industria e o Observatorio do Litoral, con cuxas aportacións e achegas se foi enriquecendo unha norma clave para a Comunidade. E, ademais, durante o trámite parlamentario incorporáronse ao texto definitivo preto do 40% das emendas presentadas.

R., 2023-08-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES